Abrir o menú principal

Miguel Ángel Jusayú

escritor venezolano

Miguel Ángel Jusayú, nado en Wüinpumüin o 20 de agosto de 1933 e finado en Maracaibo o 8 de xuño de 2009, foi un escritor e lingüista wayuu venezolano, docente da cátedra de linguas indíxenas da Escola de Letras da Universidade do Zulia e considerado o construtor da lingua literaria wayuu.[1]

Miguel Ángel Jusayú
Nacemento1933
Falecemento2009
NacionalidadeVenezuela
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Perdeu a vista aos doce anos de idade a consecuencia dunha enfermidade. Estivo un tempo en Maracaibo vendendo lotería e en 1950 ingresou no Instituto Venezolano de Cegos, en Caracas, para iniciar estudos de educación primaria. En 1956 volveu á Guajira e dedicouse a alfabetizar os nenos da wayuu e tamén foi profesor en varias escolas. Logo estableceuse en Maracaibo e rematou primaria. O seu encontro co sacerdote Jesús Olza Zubiri foi determinante para que se decidise a escribir. A súa obra narrativa ten como finalidade visibilizar a tradición mítica wayuu, os seus son contos folclóricos pero elaborados literariamente.[2]

ObrasEditar

  • Morfología Guajira (1975)
  • Jüküjaláirrua wayúu (Relatos Guajiros) (1975)
  • El Idioma Guajiro. Su Fonética, su Ortografía y su Morfología (1978)
  • Jüküjaláirrua wayúu II (Relatos Guajiros II) (1979)
  • Diccionario de la lengua guajira: Castellano-guajiro (1981)
  • Diccionario Sistemático de la Lengua Guajira (1988)
  • Takü'jala. Lo que he contado (1989)
  • Morfología de la Lengua Guajira
  • Karra'louta ai'kia jünáin asha'já jümá áshajeerrá waiúnaiki. Método para enseñar a escribir y a leer el waiúnaiki (2002)
  • Kanewa, el árbol que daba sed (2005), editado en wayuu e castelán
  • Karra' lóuta nüchi' kimájatü. Autobiografía (2005)
  • Ni era vaca ni era caballo, editado en español, sueco, danés e noruegués
  • Gramática de la lengua guajira (Morfosintaxis)

NotasEditar

  1. Miguel Ángel Jusayú: Constructor de la lengua literaria wayuu, AVN, 1 de setembro de 2015
  2. Miguel Rocha Vivas (2013) Palabras mayores, palabras vivas. Tradiciones mítico-literarias y escritores indígenas en Colombia. Penguin Random House, p. 345