Abrir o menú principal

Mighal an Gov, en inglés Michael An Gof, foi un ferreiro córnico de St Keverne.

Mighal an Gov
AnGofPlaqueBlackheath.jpg
Nacementoséculo XV
Falecemento27 de xuño de 1497
 Tyburn
CausaAforcado, azorrado e desmembrado
NacionalidadeReino de Inglaterra
Ocupaciónrevolucionario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xunto a Thomas Flammank dirixiu a rebelión córnica de 1497, na que os rebeldes marcharon cara a Londres para protestar diante o rei Henrique VII de Inglaterra pola implantación dunha taxa para a guerra en Escocia. Na batalla de Deptford Bridge, 17 de xuño, o exército inglés derrotou os rebeldes. An Gof conseguiu escapar a Greenwich pero foi capturado e conducido á Torre de Londres para ser executado o 24 de xuño en Tyburn.