Michael Spears

Michael Spears, nado o 28 de decembro de 1977 en Dacota do Sur é un actor nativo americano. Spears naceu na Reserva india Lower Brulé, na cal viviu ata que chegou a quinto curso.[1] É membro dos lakota sicangu, unha tribo síux. É irmán do tamén actor Eddie Spears.

Michael Spears
Michael Spears Z Nation (2018).jpg
Nacemento28 de decembro de 1977 (42 anos)
LugarReserva india Lower Brulé, Dacota do Sur, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Profesióncantante, modelo e actor de cinema
http://www.michaelspearsactor.com/
editar datos en Wikidata ]

Spears é un cantante tribal e toca o tambor, actuando a miúdo en "pow wows", é dicir, grandes reunións de nativos americanos. Michael viaxa con frecuencia como orador para falar sobre a educación e a conciencia das enerxías sostibles entre os rapaces de Dacota do Sur. Traballa co seu pai e co seu irmán como parte do Grupo Inter-Tribal, cuxo obxectivo é fomentar a creación de fontes naturais e sostibles de enerxía.

TraxectoriaEditar

Comezou na interpretación interpretando a Otter no oscarizado filme Dances with Wolves, acadando gran sona con só 13 anos. Ós 17 anos xa tiña actuado en cine e televisión xunto con Kevin Costner, Jimmy Smits e Kim Delaney. O maior papel da súa carreira foi Dog Star na miniserie producida por Steven Spielberg Into the West, que se emitiu en TNT. Pode falar lakota pero non de forma fluída. Ensináronlle o seu pai e o seu avó, pero aínda o está a aprender. Durante a rodaxe de Into the West tomou leccións dun lingüista.[2]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar