Un pow wow (also powwow ou pow-wow) é unha reunión dos pobos indíxenas de Norte América. O termo deriva da palabra na lingua narragansett powwaw, que significa "líder espiritual". Un pow-wow moderno é un tipo de evento específico onde os nativos americanos/primeiras nacións se reúnen para bailar, cantar, socializar e honrar a súa cultura. Xeralmente hai unha competición de danza, con significativos premios económicos. Pow wows teñen unha duración variable de entre seis horas e tres días. Os pow wows de ocasións especiais poden durar ata unha semana.

Grande entrada no Pow wow de Omaha en 1983.
Bailaríns tradicionais en Montana, 2007.

O termo ten sido empregado para describir calquera reunión de tribos nativas americanas, e pode ser escoitado con frecuencia nos vellos Westerns. Tamén se fixo uso dela para falar de consellos militares de oficiais, pero o seu uso é visto pouco respectuoso coa cultura nativa.[1]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2013. Consultado o 30 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar