Miðvágur é unha vila e capital do concello de Vágar, nas Illas Feroe. Foi concello ata o 1 de xaneiro de 2009, cando este máis o concello de Sandavágur fusionáronse para facer o concello de Vágar.

Modelo:Xeografía políticaMiðvágur
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 62°03′04″N 7°11′38″O / 62.0511, -7.1939Coordenadas: 62°03′04″N 7°11′38″O / 62.0511, -7.1939
Region of the Faroe Islands (en) TraducirVága sýsla (en) Traducir
Municipality of the Faroe Islands (en) TraducirVágar Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.130 (2020) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalFO 370 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webvaga.fo Editar o valor em Wikidata

Sitúase no sur da costa da illa de Vágar, Miðvágur é a localidade máis poboada desta illa faroesa. Durante anos, Miðvágur foi coñecido por ser un bo lugar para a caza.

Xeografía editar

Miðvágur fica no interior dunha baía tamén chamada Miðvágur, que lle dá nome á vila e que significa "baía do medio". A entrada da baía está pechada na súa maior parte por un dique, que serve para protexer ao porto pero tamén para encerrar ás baleas que entran nela.

A cidade atópase nun val ao sur do monte Reynsatindur, que por este lado ten unha pendente menos pronunciada que polo norte. Ao sur hai dous montañas que forman acantilados no mar. Ao oeste atópase o lago Leitisvatn, o maior das Illas Feroe, que drena polo sur formando unha fervenza que cae no mar.

A estrada principal de Vágar, que pasa por tódalas vilas e cidades da mesmam atravesa tanñeb Miðvágur. As vilas que están máis preto son Vatnsoyrar, ao nordés, e Sandavágur ao leste. Con esta última Miðvágur está practicamente unida. Hai un servizo de autobuses a Tórshavn, cun percorrido estimado de 45 minutos. O aeroporto de Vágar atópase ao oeste de Miðvágur, a 10 minutos aproximadamente por estrada.

Historia editar

Miðvágur foi habitada dende polo menos o período viquingo segundo demostran escavacións. O edificio máis interesante da cidade é Kálvalíđ, unha casa que probablemente foi construída a finais da Idade Media. É o edificio máis antigo da cidade e, posibelmente, de todas as Illas Feroe. Kálvalíđ consta de dous cuartos cun tellado de herba, construído no estilo tradicional das Illas Feroe. Hoxe alberga un museo.

Deporte editar

A vila ten un equipo de fútbol local chamado MB Miðvágur (Miðvágs Bóltfelag Miðvágur), fundado en xaneiro de 1905, que na actualidade xoga na segunda división das Illas Feroe e estivo en tres tempadas na primeira división.

Outros deportes como o voleibol, bádminton, remo, arquería e equitación tamén son moi populares na cidade.

Relixión editar

En Miðvágur reside un sacerdote da Igrexa das Illas Feroe que serve en tódolos templos de Vágar e no de Mykines, xa que ambas illas constitúen unha soa parroquia. A Igrexa ten na vila unha casa de misión. Hai tamén unha pequena comunidade evanxélica.

A Igrexa de Miðvágur foi construída entre 1948 e 1952. Seu deseñador, Heini Joensen, quen estudou en Bergen, Noruega, impregnoulle á súa obra certa influencia modernista.

Na vila atópase un cemiterio británico, que data da segunda guerra mundial.

Personaxes ilustres editar

  • Beinta Broberg (1667–1752), a muller dun pastor, crese que foi o modelo para o personaxe principal de Barbara, a novela máis coñecida das Illas Feroe.
  • Jens Christian Svabo (1746–1824), o fillo dun pastor, que contribuíu moito para o concepto da lingua feroesa, traballando para estandarizar gramática e ortografía e creou o primeiro dicionario do feroés. Svabo tamén recolleu unha variedade de contos folclóricos e exemplos históricos do feroés en Miðvágur.
  • Greta Svabo Bech (1987), cantora feroesa nomeada a un Grammy e gañadora de dous premios da música das Illas Feroe.

Galería de imaxes editar

Notas editar