Metronidazol

composto químico

O metronidazol é un antibiótico activo fronte a diversos tipos de bacterias e outros microorganismos anaerobios. É unha molécula que entra no citoplasma celular por difusión pasiva. Os microorganismos anaerobios ou microaerófilos (bacterias e protozoos, cun potencial redox suficientemente negativo transfiren un electrón ao metronizadol. Isto xera un produto intermedio que produce danos no xenoma bacteriano. Foi comercializado baixo o nome de Flagyl.

Metronidazol
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Espectro de acción editar

Metronidazol é activo fronte a protozoos anaerobios (Trichomonas vaginalis, Entamoeba histolytica, Giardia lamblia e Balantidium coli); así coma bacterias anaerobias (Bacteroides fragilis, Parabacteroides, Fusobacterium, Prevotella, Porphyromonas, Bilophila, Desulfovibrio, Clostridium e Peptostreptococcus). Gardnerella vaginalis e Helicobacter pylori poden ser sensibles ao metronidazol. En condicións estritas de anaerobiose podería ser activo fronte a Escherichia coli, Proteus e Klebsiella. Presenta actividade residual fronte a Treponema pallidum.

Dosificación editar

A dose habitual é de 15 miligramos por quilogramo de peso (en torno a 1 gramo) na primeira dose, seguido de 7,5 miligramos por kg de peso, cun máximo de 4 gramos ao día. Existen formulacións orais e intravenosas. A dose debe ser reducida en insuficiencia renal grave (filtrado glomerular estimado menor de 10).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.