Metro de París

O Metro de París é unha rede de ferrocarril metropolitano que dá servizo á cidade francesa de París e algúns concellos limítrofes.[3] É un dos símbolos da cidade, influenciado nos seus inicios pola art-nouveau,[4] e presenta unha gran densidade de estacións e liñas dentro da cidade que contrasta co pequeno número de estacións que se distribúen pola área metropolitana.

Metro de París
Paris, Metro-Station -- 2014 -- 1218.jpg
Información
CidadeParís, Flag of France.svg Francia
TipoMetro
Liñas16 (numeradas do 1 ao 14 máis 3bis e 7bis)
Estacións302[1]
Pasaxeiros (día)4,16 millóns (2015)
Operacións
Inauguración19 de xullo de 1900[2]
Operador(es)RATP
Rede214 km[2]
Ancho de vía1435 mm (largo internacional)
Mapa da rede

Carte Métro de Paris.jpg

O primeiro tramo acabou de construírse o 19 de xullo de 1900,[5] polo que é a sexta rede de metro máis antiga, só por detrás das de Chicago, Boston, Glasgow, Budapest e Londres.[6]

En 1998 inaugurouse a liña 14, a primeira construída dentro do termo municipal dende 1935. Trátase dun metro que funciona sen condutor e cos trens (de 90 m de lonxitude e seis vagóns intercomunicados) baixo o control de doce cámaras. Esta liña custou case o dobre dunha liña convencional. Non obstante, o seu custo de explotación é menor e garante unhas frecuencias inaccesibles aos outros convois.[7]

Das 302 estacións da rede,[8] 24 atópanse en superficie, en 43 paran dúas liñas, en 11 paran tres e en 5 paran catro ou máis. Dada a crecente poboación e a saturación da rede, continúase a construír novas liñas e estacións para satisfacer a demanda.

LiñasEditar

Liña Inauguración Última
extensión
Estacións Lonxitude Media entre
estacións
Viaxes
(2017)
Extremos
  Liña 1 1900 1992 25 16.6 km 692 m 181,2 millóns La Défense
Château de Vincennes
  Liña 2 1900 1903 25 12.3 km 513 m 105,2 millóns Porte Dauphine
Nation
  Liña 3 1904 1971 25 11.7 km 488 m 101,4 millóns Pont de Levallois – Bécon
Gallieni
  Liña 3bis 1971 4 1.3 km 433 m Porte des Lilas
Gambetta
  Liña 4 1908 2013 27 12.1 km 438 m 155,9 millóns Porte de Clignancourt
Mairie de Montrouge
  Liña 5 1906 1985 22 14.6 km 697 m 110,9 millóns Bobigny – Pablo Picasso
Place d'Italie
  Liña 6 1909 1942 28 13.6 km 504 m 114,3 millóns Charles de Gaulle–Étoile
Nation
  Liña 7 1910 1987 38 22.4 km 605 m 135,1 millóns La Courneuve – 8 mai 1945
Villejuif – Louis Aragon
Mairie d'Ivry
  Liña 7bis 1967 8 3.1 km 443 m Louis Blanc
Pré-Saint-Gervais
  Liña 8 1913 2011 38 23.4 km 614 m 105.,5 millóns Balard
Pointe du Lac
  Liña 9 1922 1937 37 19.6 km 544 m 137,9 millóns Pont de Sèvres
Mairie de Montreuil
  Liña 10 1923 1981 23 11.7 km 532 m 45.3 million Boulogne – Pont de Saint-Cloud
Gare d'Austerlitz
  Liña 11 1935 1937 13 6.3 km 525 m 47,1 millóns Châtelet
Mairie des Lilas
  Liña 12 1910[9] 2012 29 13.9 km 515 m 84,3 millóns Front Populaire
Mairie d'Issy
  Liña 13 1911[9] 2008 32 24.3 km 776 m 131,4 millóns Châtillon – Montrouge
Saint-Denis – Université
Les Courtilles
  Liña 14 1998 2007 9 9 km 1,075 m 83,3 millóns Saint-Lazare
Olympiades

NotasEditar

  1. "The Metro: a Parisian institution". RATP. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 2014-01-29.  O funicular de Montmartre está considerado parte do sistema do metro, co que se representa cunha estación ficticia número 303 chamada "Funiculaire".
  2. 2,0 2,1 "Brief history of the Paris metro". france.fr – The official website of France. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2013-09-21. 
  3. "Mobilités : découvrez la carte des nouveaux aménagements". Paris (en francés). 16 de xuño de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  4. "Art nouveau". Larousse (en francés). Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  5. "ça s'est passé un... 19 juillet". Herodote (en francés). Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  6. "Los 10 metros más antiguos del mundo". Los apuntes del viajero. 28 de abril de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  7. Marti, Octavi (16 de outubro de 1998). "París estrena una línea de metro con trenes sin conductor". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  8. "Pour bien vous repérer, plusieurs plans sont à votre disposition !". RATP (en francés). 22 de marzo de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 As liñas 12 e 13 foro construídas orixinalmente como parte da rede norte-sur (como liñas A e B respectivamente).'

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bindi, A., & Lefeuvre, D. (1990). Le Métro de Paris : Histoire d'hier à demain, Rennes: Ouest-France. ISBN 2-7373-0204-8
  • Demade, Julien (2015). Les embarras de Paris, ou l'illusion techniciste de la politique parisienne des déplacements. L'Harmattan. ISBN 978-2-343-06517-5. 
  • Descouturelle, Frédéric, et al. (2003). Le métropolitain d'Hector Guimard, Somogy. ISBN 2-85056-815-5
  • Gaillard, M. (1991). Du Madeleine-Bastille à Météor : Histoire des transports Parisiens, Amiens: Martelle. ISBN 2-87890-013-8
  • Hovey, Tamara. Paris Underground, Nova York: Orchard Books, 1991. ISBN 0-531-05931-6
  • Lamming, C.(2001) Métro insolite, París: Parigramme, ISBN 2-84096-190-3
  • Ovenden, Mark. Paris Metro Style in map and station design, Londres: Capital Transport, 2008. ISBN 978-1-85414-322-8

Ligazóns externasEditar