O mestre Xiraldo[1], tamén coñecido como Xiraldo de Beauvais, foi un cóengo compostelán[2] que viviu durante o século XII, quizais de orixe francesa.[2] Foi persoa de confianza de Diego Xelmírez e escribiu boa parte da Historia Compostellana.[1][2]

Infotaula de personaMestre Xiraldo
Biografía
NacementoSéculo XI
Beauvais, Francia
MorteSéculo XII
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
Actividade
OcupaciónCóengo, redactor da Historia Compostellana

Traxectoria editar

Segundo algúns autores, era natural de Beauvais.[2][3] Nalgúns documentos pódese ver a súa simpatía cara á abadía de Cluny.[2] Pertencía ao círculo de confianza de Diego Xelmírez.[1] Viaxou a Roma en 1118, xunto co bispo de Ourense, para solicitar do papa a concesión de sé arcebispal para Santiago de Compostela.[1][2] Esta obteríase en 1120.[1]

Redactou, despois de Nuno Afonso, a segunda parte da Historia Compostellana, que narra os feitos históricos da etapa de Xelmírez.[1][2] Posibelmente tamén incorporou o capítulo escrito por Hugo.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Falque Rey, Emma (1983). Los autores de la Historia compostelana. Universidad Internacional Menéndez Pelayo. 
  3. 3,0 3,1 Falque, Emma (1995). Historia compostelana. Ediciones AKAL. pp. 13–14.