Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil

Patrimonio da Humanidade en Costa do Marfil

As mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil son un conxunto de oito mesquitas de adobe que se atopan en Costa do Marfil, e que dende o ano 2021 son Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1]

Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil
Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil en Costa do Marfil
Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil
Mesquitas de estilo sudanés no norte de Costa do Marfil
localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísCosta do Marfil Costa do Marfil
LocalizaciónCoordenadas: 10°29′25.4″N 6°24′36.6″O / 10.490389, -6.410167
TipoCultural
Criteriosii, iv
Inscrición2021 (44ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador1648

Descrición editar

As oito pequenas mesquitas de Tengréla, Kouto, Sorobango, Samatiguila, M'Bengué, Kong (ten dúas) e Kaouara caracterízanse por vigas saíntes, contrafortes verticais coroados con cerámica ou ovos de avestruz e minaretes estreitos. Presentan unha interpretación dun estilo arquitectónico que se pensa que se orixinou ao redor do século XIV na cidade de Djenné, daquela parte do Imperio de Malí, que prosperou a partir do comercio do ouro e ascendeu a través do deserto do Sáhara até o Norte de África. Particularmente a partir do século XVI, o estilo estendeuse ao sur dende as rexións desérticas ata a sabana sudanesa, facéndose máis curtas e desenvolvendo contrafortes máis resistentes en resposta ao clima máis húmido. As mesquitas son as mellor conservadas dos 20 edificios deste tipo que se conservan en Costa do Marfil, onde existían centos a principios do século XX.

O distintivo estilo sudanés das mesquitas, específico da rexión da sabana de África Occidental, desenvolveuse entre o século XVII e o século XIX a medida que os comerciantes e estudosos se estenderon polo sur do Imperio de Malí, ampliando as rutas comerciais transaharianas cara á zona forestal. Presentan probas moi importantes do comercio transahariano que facilitou a expansión do islam e a cultura árabe e reflicten unha fusión da arquitectura islámica e as formas locais que se mantivo ao longo do tempo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Sudanese style mosques in northern Côte d’Ivoire" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2021. 
  2. Tradución do sitio da UNESCO onde o text ten licenza como CC-BY-SA.