Merlo acuático

(Redirección desde «Merlo rieiro»)

O merlo acuático[Cómpre referencia] ou merlo rieiro[1][2][3], Cinclus cinclus, é unha ave paseriforme pertencente á familia Cinclidae. O seu hábitat inclúe contornas acuáticas de Europa. Os merlos acuáticos adoitan vivir nas beiras de ríos rápidos de montaña, aínda que se poden atopar individuos erráticos en lagoas de montaña. A súa preferencia polas augas non contaminadas converteuno nun bioindicador da pureza dun río.

Merlo acuático

Macho


Son do merlo acuático.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Cinclidae
Xénero: Cinclus
Especie: C. cinclus
Nome binomial
Cinclus cinclus
(Linnaeus, 1758)

Cinclus cinclus

Descrición editar

A súa plumaxe é pardo escura con peito branco. Pálpebra branca moi visible cando parpadea. Tamaño duns 18 cm de altura e 30 de envergadura. Non hai diferenciación sexual.

Alimentación editar

A súa alimentación é case exclusivamente a base de insectos.

Mergúllase nunha media de 3 segundos. O seu sangue pode portar máis osíxeno que o doutros paseriformes, o que lles permite permanecer baixo a auga ata 30 segundos, aínda que por norma xeral non excede dos 10 ou 20 segundos. As súas adaptacións permítelle mergullarse e camiñar polo fondo do río para alimentarse de insectos, axudándose do seu bater de ás se a corrente é forte. Atopa os insectos revirando os coios do leito do río.

Reprodución editar

O merlo acuático aniña preto da auga, nunca a grandes alturas, en árbores, pontes e gretas. As postas varían entre os 4 e os 6 ovos, brancos e duns 26x18 milímetros, que son incubados unicamente pola femia. Os pitos eclosionan aos quince días da posta, e son cebados por ámbolos dous adultos durante aproximadamente un mes, ata que deixan o niño. As parellas de merlos adoitan pór dúas postas na mesma primavera, aínda que a segunda con unicamente 3 ou 4 ovos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Dicionario Digalego merlo Arquivado 17 de novembro de 2018 en Wayback Machine.