Abrir o menú principal

Mercedes de la Garza

historiadora mexicana

Mercedes de la Garza Camino, nada o 12 de febreiro de 1939, é unha escritora, historiadora, investigadora e académica mexicana que se especializou no estudo da cultura maia e da cultura nahua.

Mercedes de la Garza
Mercedes de la Garza Camino (cropped).jpg
Nacemento12 de febreiro de 1939
NacionalidadeMéxico
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México e Universidade Rey Juan Carlos
Ocupaciónhistoriadora
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Cursou a licenciatura en Letras Españolas de 1957 a 1962 na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Cinco anos máis tarde, cursou a licenciatura en Historia na mesma facultade. Na súa propia alma mater, realizou unha mestría en Historia de México de 1971 a 1973 e un doutoramento en Historia de 1977 a 1979. Realizou diplomados e cursos de posgrao na Universidade Complutense, El Escorial, a Universidade de Tolosa, a Pennsylvania State University, a Universidade Rei Xoán Carlos e na UNAM, onde chegou a ser discípula de Miguel León-Portilla.[1]

Impartiu clases de lingua española e historia de culturas antigas en escolas privadas de 1963 a 1975. Dende 1973 impartiu clases sobre cultura maia e cultura nahua na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM, na Facultade de Estudos Superiores Acatlán, no Antigo Colexio de San Ildefonso, así como cursos e diplomados na Casa da Cultura de Campeche, o Museo Nacional de Antropoloxía da Cidade de México, a Universidade Iberoamericana, a Casa América de Madrid, e El Escorial entre outros. Dirixiu máis de vinte e cinco tese de licenciatura, mestría e doutoramento na UNAM, sendo sinodal en máis de corenta exames profesionais. Foi creadora da mestría e doutoramento en Estudos Mesoamericanos.

Investigadora e académicaEditar

É membro do Sistema Nacional de Investigadores dende 1984, alcanzando o nivel III en 1990 e o recoñecemento de Investigadora Emérita en 1999. É membro da Sociedade Mexicana de Antropoloxía de México, da Asociación de Historiadores Latinomericanos e do Caribe, da Sociedade Mexicana de Historia e Filosofía do Medicamento, da Sociedade Española de Estudos Mayas, da Sociedade Mexicana de Historia das Relixións, da Sociedade Mexicana de Bibliófilos, da Société Européene de Culture e foi membro fundador da Sociedade Internacional pro Valores Humanos "Eric Fromm, Salvador Zubirán". É membro de número da Academia Mexicana de Ciencias dende 1977 e membro de número da Academia Mexicana da Historia, á cal ingresou o 1 de marzo de 2005, ocupando a cadeira 6.[2]

De 1997 a 2000, foi directora do Museo Nacional de Antropoloxía e foi curadora das exposicións Vida y muerte, arte funerario del Occidente de México en España (1998), I Maya, en Venecia (1998-1999) e Los Mayas no Antigo Colexio de San Ildefonso (1999).[3] É investigadora de tempo completo do Centro de Estudos Maias do Instituto de Investigacións Filolóxicas da UNAM e foi designada para exercer o cargo de directora do Instituto do período de 2005 a 2009.[4] É membro permanente do Comité Científico das Mesas Redondas de Palenque e do Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH).[5]

PublicaciónsEditar

LibrosEditar

  • El hombre en el pensamiento religioso náhuatl y maya, en 1972.
  • La conciencia histórica de los antiguos mayas, en 1975.
  • El hombre en el pensamiento religioso náhuatl y maya, en 1978.
  • Literatura maya, en 1980.
  • El universo sagrado de la serpiente entre los mayas, en 1984.
  • Libro de Chilam Balam de Chumayel, prólogo, introdución e apuntamentos, en 1985.
  • Sueño y alucinación en el mundo náhuatl y maya, en 1990.
  • Relaciones histórico-geográficas de la Gobernación de Yucatán, coautora en 1992.
  • Palenque, en 1992.
  • Aves sagradas de los mayas, en 1995.
  • Rostros de lo sagrado en el mundo maya, en 1998.

EdicionesEditar

  • Estudios de cultura maya, dez volumes de 1976 a 1988.
  • Homenaje a Alberto Ruz Lhuillier, coautora e editora en 1981.
  • Memorias del Primer Coloquio Internacional de Mayistas, en 1987.
  • Memorias del Segundo Coloquio Internacional de Mayistas, en 1989.
  • Memorias del Primer Congreso Internacional de Mayistas, en 1992.
  • Teoría e historia de las religiones, en 1998.

CapítulosEditar

  • "Jaguar y nagual en el mundo maya" en Studia humanitatis, homenaxe a Rubén Bonifaz Nuño, en 1998.
  • "Time and World in Maya and Nahuatl Thought", en Cultural Relativism and Philosophy North and Latin American Perspectives en 1991.
  • "Visión maya de la conquista", En torno al Nuevo Mundo, en 1992.
  • "El juego de los dioses y el juego de los hombres. Simbolismo y carácter ritual del juego de pelota entre los mayas", en El juego de pelota en Mesoamérica, en 1992.
  • "La religione. Le forze sacre dell'universo maya", en Culture e Religione Indigene in America Centrale e Meridionale, en 1997.
  • "La palabra escrita de los mayas, guardiana de su propio ser", en Filología mexicana, en 2001.
  • "Los animales en la mirada de Sahagún", en Bernardino de Sahagún, quinientos años de presencia, en 2002.
  • "Sacred forces of the maya universe", en Native Religions and Cultures of Central and South America, Anthropology of the Sacred, en 2002.

NotasEditar

  1. Academia Mexicana de la Historia. "Mercedes de la Garza Camino. Curriculum vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2011. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  2. Academia Mexicana de la Historia. "Miembros de la Academia. Sillón 6. Mercedes de la Garza Camino". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  3. "Designan a Mercedes de la Garza directora del Instituto de Investigaciones Filológicas de la UNAM". Universia. Red de universidades. [Ligazón morta]
  4. Cimac. "Mercedes de la Garza, nueva directora del IIFI de la UNAM". cimacnoticias, periodismo con perspectiva de género. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2006. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  5. Foro Consultivo Científico y Tecnológico. "Doctora Mercedes de la Garza Camino. Síntesis curricular" (PDF). [Ligazón morta]