Mercado de inverno
O mercado de fichaxes de inverno, ou abreviado mercado de inverno, é un termo de uso futbolístico para facer referencia a un prazo de tempo, maioritariamente ao longo do mes de xaneiro, no que os clubs de fútbol poden facer transferencias ou altas dalgún xogador do equipo.
Denomínase mercado de inverno porque o mes de xaneiro é invernal no continente europeo, en contraposición ao verán, lapso de tempo no que se realizan a maioría dos fichaxes, no mercado de verán.
O prazo adoita ser entre as 00:00 do 1 de xaneiro ata as 24:00 do 31 do mesmo mes, aínda que pode variar segundo o país[1] e permite aos equipos de fútbol remodelar os seus persoais para o resto da tempada, especialmente para suplir xogadores lesionados ou pechar acordos que non puideron pecharse antes do comezo da tempada.
Notas
editar- ↑ As, ed. (22 de xaneiro de 2009). "El plazo del mercado de invierno se amplía hasta el 31 de enero" (en español).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Mercado de inverno na Premier Arquivado 05 de xullo de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- O mercado de inverno abre as súas portas (I) Arquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine., fifa.com (en castelán)