Menis Koumantareas
Aristomenis (Menis) Koumantareas[1] (Αριστομένης (Μένης) Κουμανταρέας no alfabeto grego), nado en Atenas o 4 de xaneiro de 1931 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2014, foi un aclamado escritor grego.[2]
Nome orixinal | (el) Μένης Κουμανταρέας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1931 Atenas, Grecia |
Morte | 5 de decembro de 2014 (83 anos) Atenas, Grecia |
Causa da morte | Homicidio |
Lugar de sepultura | Primeiro Cemitério de Atenas (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Kypseli, Athens (en) |
País de nacionalidade | Grecia |
Educación | Universidade de Atenas - xurisprudencia, filosofía |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua grega moderna |
Premios | |
Traxectoria editar
Koumandareas cursou Filosofía e Dereito da Universidade de Atenas, así como tamén interpretación teatral, sen chegar a concluír ningún deses estudos. Traballou durante un tempo como xornalista e despois como comericial para navieiras e compañías de seguros.[3]
Dende 1961 até a súa morte, exerceu profesionalmente como escritor e tradutor. Os seus textos foron publicados en moitos xornais e revistas literarias gregas.
Koumandareas foi achado morto, vítima de asasinato por estrangulamento, o 6 de decembro de 2014, no seu apartamento en Atenas.[4] Dous homes romaneses foron prendidos como sospeitosos, Ştefan Mătăsăreanu (25) e Cosmin Găitan (29). O primeiro, un vello coñecido do autor, foi identificado grazas á descrición feita polo finado na súa derradeira novela.[5]
Obra editar
- Τα μηχανάκια, 1962
- Το αρμένισμα, 1967
- Τα καημένα, 1972
- Βιοτεχνία Υαλικών, 1975. Traducido ao galego por Alfonso Blanco (2021)[6]
- Η κυρία Κούλα, 1978
- Το κουρείο, 1979
- Σεραφείμ και Χερουβείμ, 1981
- Ο ωραίος Λοχαγός, 1982
- Η φανέλα με τό εννιά, 1986
- Πλανόδιος Σαλπιγκτής, 1989
- Η συμμορία της Άρπας, 1993
- Θυμάμαι τη Μαρία, 1994
- Η μυρωδιά τους με κάνει να κλαίω, 1996
- Η μέρα για τα γραπτά κι η νύχτα για το σώμα, 1999
- Δυο φορές Έλληνας, 2001
- Νώε, 2003
- Η γυναίκα που πετά, 2006
Notas editar
- ↑ Tamén grafado ocasionalmente na forma transliterada como Koumandareas.
- ↑ "Der griechische Schriftsteller Menis Koumandareas ist ermordet worden" (en alemán).
- ↑ "Nota biográfica do autor de Kedros Publications" (en grego).
- ↑ "Acclaimed writer Menis Koumandareas, 83, found murdered in Athens home | Kathimerini" (en English).
- ↑ "Menis Koumandareas avait décrit son assassin dans son dernier roman" (en francês). 2015-01-12.
- ↑ "O obradoiro de vidro". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26.