Memorial Cholo Armada

O Memorial Cholo Armada é unha competición de vela para embarcacións da clase internacional snipe que se disputa en Vigo, Galicia dende 2007, organizada polo Real Club Náutico de Vigo.

Historia editar

O Real Club Náutico de Vigo celebra anualmente esta competición en homenaxe a Ángel Armada, coñecido como "Cholo Armada", destacado regatista do club, que tamén foi directivo da entidade e presidente da federación galega de vela. A súa traxectoria deportiva, con tres campionatos de España da clase snipe (1960, 1966 e 1968), un subcampionato de Europa (1960), catro copas de S.A.R. o Príncipe de Asturias (1969, 1971, 1975 e 1979), ademais de infinidade de vitorias noutras competicións, convertérono no deportista máis destacado da historia do club vigués. Despois do seu falecemento, en outubro de 2006, creouse este trofeo memorial, facendo coincidir a súa primeira edición coa celebración do VII Trofeo Luso-Galaico, en marzo de 2007.

Formato de competición editar

Dispútase en dous días e consta de catro probas.

O trofeo para o patrón vencedor foi doado pola familia Armada, e entrégase en interinidade. Adxudicarase en propiedade a quen que o gañe en tres edicións consecutivas ou cinco alternas.

Palmarés editar

Ano Iate Patrón / Proeiro Frota
2007 Martín Bermúdez de la Puente/ Carmen Vergara   Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa
2008 Diogo Pereira / Mafalda Barros de Pereira   Associação Naval de Lisboa
2009 Faro Fino Tiago Roquette / Joaquim Moreira   Sport Club do Porto
2010 Vías Jaime Miranda Osset / Pablo Ríos   Real Club Náutico de Vigo
2011 Solventis Manuel Bermúdez de Castro Muñoz / David González Gosende   Club Náutico de Ribadeo
2012 Atún Roberto Vidal / José Ramón Pardo   Real Club Náutico da Coruña
2013 Wifi Vilanova Bernardo Paz Docampo / Óscar Gómez Oliveira   Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa
2014 Cobra Mor Miguel Guimaraes / David Abecasis   Clube Naval da Horta
2015 Testa Matta Juan Deben Tiscar / Gerardo Prego Menor   Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa
2016 Persson Jordi Triay / Lluis Mas   Club Marítimo de Mahón

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar