Melvin Burgess

escritor de literatura infantil británico

Melvin Burgess, nado o 25 de abril de 1954, é un autor británico de literatura infantil e xuvenil.

Infotaula de personaMelvin Burgess
Biografía
Nacemento25 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Twickenham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , escritor de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmelvinburgess.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0121326 Bitraga: 975 Musicbrainz: 29172b33-e747-4645-bdf7-a16dfbcf222d Discogs: 431001 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Creceu en Sussex e Berkshire. Despois de rematar a escola trasladouse a Bristol, onde adoitaba non ter emprego ou traballar na industria da construción. Escribía de cando en vez aínda que sen éxito. En 1983 trasladouse a Londres, onde coñeceu á súa compañeira, a bailarina Avis von Herder, e comezou un pequeno negocio de tecidos para a industria da moda.

O seu primeiro libro, The Cry of the Wolf, foi publicado en 1990. Gañou certa notoriedade en 1996 coa publicación da novela Junk, que foi lanzada á sombra de Trainspotting, filme baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Coma Trainspoting, Junk, traducida ó galego como Ionqui[1], trata aspectos relacionados coas modas e culturas no mundo da drogadicción xuvenil. É un dos libros xuvenís máis coñecidos en Gran Bretaña da década dos noventa.

Na actualidade, Melvin Burgess adícase á escritura a tempo completo e vive en Lancashire. Ten publicadas, entre outras, as seguintes obras dirixidas a un público xove: Baby and Fly Pie, Loving April, The Earth Giant, Tiger Tiger e Kite.

No 2001 Burgess escribiu a novelización do filme Billy Elliot, baseada no guión de Lee Hall.

No 2003 publicou outra novela igualmente controvertida Doing It, que trata o tema do sexo entre adolescentes. Noutros libros tales como Bloodtide e The Ghost Behind The Wall, Burgess atreveuse con temas menos realistas e ás veces fantásticos.

Notas editar

  1. Ficha da obra Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa. Traducida por María Reimóndez e publicada por Xerais na col. Fóra de Xogo, nº 33.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar