Melitaea trivia

especie de insecto

Melitaea trivia

Melitaea trivia, femia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Melitaea
Especie: M. trivia
Denis & Schiffermüller, 1775

A Melitaea trivia é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae descrito por Denis & Schiffermüller en 1775.[1][2]

Melitaea trivia.

Distribución editar

Distribúese polo sur de Europa, Turquía, Oriente Medio, Irán, Afganistán, sur de Rusia, Casaquistán, norte de Paquistán e norte da India. Na Península Ibérica atópase na Cordilleira Cantábrica, poboacións ao norte e centro e algunha illada nas principais serras andaluzas.[1]

Hábitat editar

Zonas con flores, cálidas e secas; tamén campos de cultivo abandonados. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Verbascum, na Península Ibérica sobre todo de Verbascum thapsus e Verbascum pulverulentum.[1]

Período de voo e hibernación editar

Bivoltina, dúas xeracións ao ano: a primeira entre mediados de abril e comezos de maio e a segunda entre xuño e agosto. Hiberna como eiruga en niños de seda.[1]

Descrición editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Tolman (2009)
  2. http://www.eurobutterflies.com/sp/trivia.php Melitaea trivia

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tolman, Tom; Lewington, Richard (2009). Guide des papillons d'Europe et d'Afrique du Nord : 440 espèces illustrées en 2000 dessins en couleurs (en francés). París: Delachaux et Niestlé. ISBN 9782603016497. 

Ligazóns externas editar