Meitner (cráter)

Meitner é o terceiro cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 55,6° S 321,6° E[1] Ten case 150 km de diámetro[1] e posúe dous aneis concéntricos cara ó bordo do cráter. O seu chan é plano e escuro ó radar. Meitner tamén posúe grandes regueiros irregulares e de forma lobular de material depositado tralo impacto inicial. O cráter formouse sobre unhas planicies volcánicas cortadas por multitude de fendas e fisuras, que parten do nordés, e que se formaron a consecuencia dun evento de impacto anterior.[2]

Meitner
Imaxe de radar do cráter Meitner. A banda negra é debido a unha ausencia de datos.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 149 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 55,6° S 321,6° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a física austríaca Lise Meitner.[1]

Recibiu o seu nome en honra a física austríaca Lise Meitner.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Meitner on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 17-12-2011. 
  2. Lunar and Planetary Institute (ed.). "Meitner, Venus". Consultado o 17-12-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar