Dickinson (cráter)

cráter de impacto no planeta Venus

Dickinson é un cráter de impacto situado no nordés da rexión de Atalanta Planitia do planeta Venus, concretamente está nas coordenadas 74,6° N 177,2° E.[1] Ten 67,5 km de diámetro e é un cráter complexo, onde o pico central en realidade é parcialmente un anel, este anel está rodeado dunha área de material brillante e ten outro anel concéntrico de material escuro rodeando este material brillante que rodea ó anel central do cráter. O material expulsado no impacto rodea o cráter cunha serie de cristas concéntricas, excepto na cara oeste. A ausencia deste material na cara oeste podería indicar que precisamente o impacto veu desa dirección. Os extensos terreos brillantes ó radar que se estenden dirección leste a partir das paredes do cráter poderían ser grandes volumes de material fundido expulsado polo impacto, ou poderían ser material volcánico liberado pola superficie durante o posterior proceso de craterización.[2]

Dickinson
Imaxe de radar do cráter Dickinson.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 67,5 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 74,6° N 177,2° E[1](coord. centrais)
Procedencia do nome en honra a poeta americana Emily Dickinson.[1]

O cráter recibiu o nome da poeta americana Emily Dickinson.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Dickinson on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 01-12-2011. 
  2. JPL/NASA (ed.). "Venus - Complex Crater 'Dickinson' in NE Atalanta Region". Photojournal. Consultado o 01-12-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar