Mein Gott hilf mir, diese tödliche Liebe zu überleben

pintura de Dmitri Vrubel

Mein Gott hilf mir, diese tödliche Liebe zu überlebenMeu Deus, axúdame a sobrevivir a este amor mortal» en alemán) é un famoso mural pintado en 1990 polo artista ruso Dmitri Vrubel na East Side Gallery, unha galería de arte ao aire libre sita sobre os restos do muro de Berlín. Tamén é coñecido como Bruderkuss (Bico entre irmáns en alemán) ou Brotherhood Kiss (Bico de Irmandade en inglés).

Versión orixinal do mural en 1990.

No ano 2009, as autoridades municipais de Berlín pedíronlle a Vrubel que volvese pintar a súa obra, debido á súa transcendencia simbólica e os inevitábeis efectos do vandalismo e da erosión que sofren os graffitis en vía pública.[1]

O mural fai escarnio da famosa fotografía do bico entre Leonid Brezhnev e Erich Honecker que foi tomada durante a celebración do 30 aniversario da República Democrática Alemá en 1979[2]. Baixo a imaxe dos políticos bicándose aparece a lenda en ruso e en alemán (Mein Gott hilf mir, diese tödliche Liebe zu überleben). A versión de 2009 tamén inclúe un espazo coa tradución da lenda ao inglés (My God, help me to survive this deadly love).

Convén aclarar que o bico que Brezhnev e Honecker se deran en 1979 carece de connotación sexual ningunha. A súa acción é unha mostra de bico de irmandamento, un costume estendido en Rusia e outros países como mostra de confianza mutua entre dúas persoas. Este costume está pouco estendida no mundo occidental actual, polo que é doado malinterpretar o xesto que fixeron os políticos e atribuírlle unha conduta relacionada sexual que non existe en realidade. A fotografía que reflicte o devandito bico é coñecida habitualmente polo nome Bico de irmandamento (ou Brotherhood Kiss en inglés), da cal toma un dos seus nomes a obra de Vrubel.

A imaxe do cadro converteuse nunha importante icona popular do Berlín de finais do século XX e comezos do XXI, polo que se pode observar en multitude de recordos da cidade como homenaxe á euforia que supuxo para a poboación da cidade a apertura do muro de Berlín en 1989.

Notas editar

Galería de imaxes editar