Megapodius

xénero de aves

Megapodius é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da familia dos megapodíidos.

Características editar

Son aves de tamaño mediano e corpo repoludo, con cabezas pequenas e patas grandes (ao que alude o nome do xénero). Unha das súas características máis salientábeis é que non incuban os ovos coa calor do seu corpo, como é habitual nas aves, se non que os enterran, laboir na que colaboran os machos, construíndo un enorme montículo de vexetación en descomposición para regular a calor interno meentrs que os ovos non eclosionan, polo que se coñecen en inglés como mound-builders (construtores de montículos).

Distribución editar

Encóntranse na rexión Indo-Pacifica, desde o sueste asiático (illas Nicobar, Filipinas, Indonesia), o norte de Australia até moitas illas do oeste do océano Pacífico (Nova Guinea, Bismarck, Vanuatu, Salomón, Palau, Guam, Marianas do Norte).

Taxonomía editar

 
Megapodius cumingi en Palawan, Filipinas.
 
Megapodius forsteni.
 
Megapodius laperouse.

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1823 polo naturalista francés Joseph Paul Gaimard.[1] no seu traballo Ferussac's Bull. General Universel Annonces Nouvelles Sci. Paris 2: 450.[2]

Taxonomía editar

O nome Megapodius está formado polos elementos do latín científico mega- e -podius. O primeiro deriva do grego antigo μέγας mégas, 'grande'; e o segundo é unha latinización do grego antigo πούς, ποδός poús, podós, 'pata de animal'.[3]

Especies editar

No xénero recoñécense trece especies viventes:[1]

Ademais coñecense dúas especies fósiles:

  • Megapodius amissus
  • Megapodius molistructor

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Megapodius Gaimard, 1823 no ITIS,
  2. Wikispecies.
  3. Megapodius no Merriam-Webster Unabrigeg Dictionyary.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar