McLaren P1
O McLaren P1 é un superdeportivo híbrido creado polo fabricante inglés McLaren. O coche saíu á luz no Salón do Automóbil de París de 2012. É o esperado sucesor do McLaren F1. Utiliza enerxía híbrida e tecnoloxía da Fórmula 1. O estilo deste automóbil está influenciado polo McLaren MP4-12C, pero ten paneis na carrocería para que pareza máis agresivo. O deseño dos faros semella o logotipo de McLaren.
McLaren P1 | |
---|---|
Tipo | Automóbil superdeportivo |
Marca | McLaren (en) |
Fabricante | McLaren Automotive |
País | Reino Unido |
Período | ╴2015 |
Deseño | Frank Stephenson (pt) e Robert Melville (en) |
Produción | 375 unidades |
Montaxe | Woking, Surrey, Inglaterra |
Configuración | |
Carrozaría | Cupé de 2 portas |
Configuración | Motor central-traseiro, tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | M838TQ V8 de 3,8 L de dobre turbo |
Autonomía | 480 km |
Potencia | 674 kW |
Velocidade máxima | 405 km/h |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2670 mm |
Lonxitude | 4588 mm |
Anchura | 1946 mm |
Altura | 1188 mm |
Peso | 1395 kg |
Relacionados | |
Rival | Koenigsegg Gemera |
Cronoloxía | |
Sitio web | |
cars.mclaren.com… | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
Características técnicas
editarO P1 pode chegar a alcanzar unha velocidade de 405 km/h, pero está limitada electronicamente a 350 km/h. O coche ten unha aceleración de 0 a 100 km/h en menos de 2.8 segundos, de 0 a 200 en 6.8 segundos e de 0 a 300 nuns 16.5 segundos, polo que é 5,5 segundos máis rápido ca o McLaren F1. Isto todo faino co seu conxunto de pneumáticos Pirelli P-Zero Corsa e pode frear cos seus freos especiais de carbono-cerámica de 100 km/h a 0 en menos de 30 m.