Maximino Fernández Queizán

dramaturgo e director de teatro galego
(Redirección desde «Maximino Keyzán»)

Maximino Fernández Queizán, tamén coñecido como Maximino Keyzán, nado en Vigo en 1940[1], é un dramaturgo e director de teatro galego.

Infotaula de personaMaximino Fernández Queizán
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , director teatral Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito e perito pola Escola de Artes Aplicadas de Madrid. Fixo estudos de Arte Dramático en Madrid e Londres. Foi director do Teatro Experimental da Universidade de Santiago (1960-62), Teatro Universitario (1962), Teatro de Cámara da Academia Victoria de Vigo (1963-66), Teatro Universitario "Landirás" de Madrid (1965), Teatro Popular Galego (1966), Teatro Popular Keyzán, do que tamén foi o creador (1967-94), Centro Dramático Galego (1991) e Escola de Teatro Municipal de Vigo (1999-2003). Foi profesor de interpretación, historia da arte, estética, historia do teatro e historia da moda; tamén foi profesor do Taller de Teatro da Escola de Artes de Vigo (1979-81). É especialista no teatro de Valle-Inclán e de Blanco Amor.

Obras editar

Escribiu ensaios, artigos, críticas e textos dramáticos.

  • Lembranzas da arte escénica, 2018.

Notas editar

  1. B. R. Sotelino (7 de xuño de 2009). "«Tengo tiempo y libertad, y esos sí que son tesoros»". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar