Maximino Crespo Rivas
avogado e político galego
Maximino Crespo Rivas, nado en 1871 e finado en Redondela en abril de 1916[1], foi un avogado e político galego.
Maximino Crespo Rivas | |
---|---|
Nacemento | 1871 |
Lugar de nacemento | Galicia |
Falecemento | 1916 |
Nacionalidade | España |
Fillos | José Santiago Crespo Pozo |
Irmáns | Francisco Crespo Rivas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Colaborou en El Pueblo que dirixía o seu irmán Francisco Crespo Rivas. Foi Xuíz municipal de Redondela (1903-1915) e representante nesta vila do Banco de Vigo.
Vida persoalEditar
Casou con Amalia Pozo Soto e foi pai de José Santiago Crespo Pozo.
NotasEditar
- ↑ Noticia en La Correspondencia Gallega, 10-4-1916, p. 3.