Abrir o menú principal

El Pueblo (Redondela)

El Pueblo foi un periódico publicado en Redondela entre 1895 e 1898.

Historia e característicasEditar

Apareceu en febreiro de 1895[1] co subtitulo Semanario de Intereses Generales, que mantivo ata o número 19 saíndo os domingos. Pasou despois a Bisemanal Independiente ata o número 100, aparecendo os mércores e os domingos e a partir de 1896 os xoves e os domingos. Finalmente desapareceu o subtítulo. Caracterizouse por defender os intereses agrícolas da comarca. Foron os seus directores Francisco Crespo Rivas e máis tarde Antonio Orellana Pereira. O administrador era Serafín Reboredo Blanco. Entre os seus redactores figuraron José da Cal, Antonio Otero, Juan Manuel Otero Milleiro, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea Montes, Maximino Crespo Rivas e Fernando González Gómez.

En 1899 pasou a ser propiedade de Saturnino Montero e iniciou unha segunda etapa na que reapareceu coa cabeceira El Pueblo. Periódico Independiente, manténdose ata 1901.

NotasEditar

  1. Noticia en El Eco de Galicia, 8-2-1895, p. 3.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. pp. 21–24. ISBN 84-8302-720-8.