Maxence Larrieu
Maxence Larrieu, nado en Marsella o 27 de outubro de 1934, é un frautista francés.
MAXENCE LARRIEU | |
---|---|
Nome completo | Maxence Larrieu |
Data nacemento | 27 de outubro de 1934 |
Nado en | Marsella![]() |
Ocupación | frautista |
Instrumento(s) | frauta traveseira |
Na rede | |
http://www.maxence-larrieu.fr/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
A súa nai era mestra de piano no Conservatorio. Comezou a estudar frauta moi novo, en 1944, no Conservatorio de Marsella con Joseph Rampal, o pai de Jean-Pierre Rampal.
Gañou o primeiro premio de frauta no Conservatorio de París en 1951 con Gaston Crunelle e o primeiro premio de música de cámara en París en 1953. En 1954, gaña o Concurso Internacional de Genève e de Múnic. Entre 1954 e 1966, foi o frauta solista da Opéra-Comique de París. En 1966, foi mestre nos Ánxeles. Dende 1966, repartiu o seu tempo entre París e Xenebra onde actualmente é profesor emérito no Conservatorio.
Paralelamente, realizou unha importante carreira solística, tocou en festivais e concertos coas mellores orquestras do mundo coma a English Chamber Orchestra, os Solistas de Zagreb etc.