Maurice Gendron

músico francés

Maurice Gendron, nado o 16 de decembro de 1920 en Niza (Francia) e finado o 20 de agosto de 1990 en Grez-sur-Loing (Francia), foi un violonchelista e profesor francés. É considerado un dos mellores violonchelistas franceses do século XX. Gendron tocou con moitas estrelas do panorama musical do seu tempo como Benjamin Britten ou Rudolf Serkin. O seu Stradivarius do século XVIII, que se chegou a coñecer como o "Ex-Gendron" é tocado actualmente pola violonchelista alemá Maria Kliegel.

Infotaula de personaMaurice Gendron
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Grez-sur-Loing, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Grez-sur-Loing, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatory of Nice (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista , profesor de música , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGérard Hekking (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosSonia Wieder-Atherton (pt) Traducir e Charles Medlam (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFrançois-Eric Gendron (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4977668 Musicbrainz: b671fcf8-b5b3-40ee-a58e-c4a396a00eac Discogs: 1138961 Allmusic: mn0001540555 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Maurice Gendron naceu nunha familia pobre, fillo de mai violinista que tocaba na orquestra do teatro, e dun pai que os abandonou pronto. Gendron recibiu as súas primeiras leccións de violín aos catro anos, mais sen moito pracer. Pasou aos cinco anos a tocar o violonchelo, que pronto lle comezaría a gustar.

O seu primeiro mestre, levouno con dez anos a escoitar a Emanuel Feuermann, quedando conmovido pola súa interpretación. Coñeceu ao seu ídolo, tomando leccións cando lle era posible, mais non podía permitirse ir a Viena, Zúric ou Nova York. En 1934, aos 14 anos, recibiu o primeiro premio do Conservatorio de Niza, e tres anos despois foise estudar ao Conservatorio de París con Gerard Hekking.

O seu delicado estado de saúde impediulle combater na segunda guerra mundial. Negouse a tocar para os alemáns e uniuse á resistencia. Despois da Guerra, realizou o seu debut en Londres no Wigmore Hall o 2 de decembro de 1945, acompañado por Benjamin Britten na súa interpretación das sonatas de Gabriel Fauré e Claude Debussy.

En decembro de 1945, estreou en Europa occidental o primeiro concerto para violonchelo de Prokofev coa London Philharmonic Orchestra de Londres baixo a dirección de Walter Susskind, recibindo a exclusividade durante tres anos. Máis tarde, Gendron lembraba en broma: "Así é como comecei: ninguén quería escoitar a Maurice Gendron, mais todo o mundo quería escoitar Prokofev!"[Cómpre referencia].

A súa amizade con Britten levouno a unha dolorosa desilusión cando o compositor británico abandonou un proxecto que lle ía dedicar.

Para o seu debut en Nova York, elixiu facer unha homenaxe a Emanuel Feuermann, morto durante a Guerra, tocando o concerto de Dvorak, o concerto en Re maior de Haydn.

Formou un trío con Yehudi Menuhin e Hephzibah Menuhin que durou 25 anos.[1]

En 1970, converteuse en profesor do Conservatorio de París.

Foi daquela cando se viu envolto nun grave accidente no que se feriu o hombreiro, mais en 1985 volveu a Londres a tocar un concerto en conmemoración do 40 aniversario do seu debut. Morreu o 20 de agosto de 1990.

É o pai do actor François-Eric Gendron.

Profesor editar

Gendron dou clases na Yehudi Menuhin School e dende 1970 no Conservatorio de París. Entre os seus alumnos salientan Colin Carr, Chu Yibing e Jacqueline du Pré, entre moitos outros.

As súas ideas da interpretación violonchelística están resumidas no libro "L'Art du Violoncelle", escrito en colaboración con Walter Grimmer e publicado en 1999 por Schott [ED 9176; ISMN M-001-12682-3].

Repertorio editar

Gravou a meirande parte dos principais concertos para violonchelo con direcotres como Bernard Haitink, Raymond Leppard e Pau Casals, e con orquestras como a do Wiener Staatsoper, a London Symphony Orchestra e a London Philharmonic Orchestra. Realizou tamén multitude de gravacións de obras para violonchelo e piano con pianistas como Philippe Entremont e Jean Françaix. Tamén realizou unha célebre gravación das Suites para Violonchelo de J.S. Bach.[2]

Gendron foi o primeiro violonchelista moderno que tocou o concerto en Si bemol de Boccherini na súa forma orixinal en lugar da versión de Grützmacher. Realizou tamén a estrea en Europa occidental do concerto para violonchelo de Prokofev.

Notas editar

  1. "Audiophile Audition". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2011. 
  2. Gramophone