Abrir o menú principal

Illa Maupiti

(Redirixido desde "Maupiti")

Maupiti é un pequeno atol de coral cunha illa volcánica no medio dela, atópase nas illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa máis occidental do arquipélago, a 40 km ao oeste de Bora Bora.

Maupiti
Maurua
Maupiti ISS002.jpg
Societe isl Maupiti.PNG
Localización do atol
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°25′S 152°15′O / -16.417, -152.250Coordenadas: 16°25′S 152°15′O / -16.417, -152.250
Xeografía
XeoloxíaAtol
Superficie13´5 km²
Punto máis alto380 m. Mont Teurafaatui
Demografía
CapitalVaiea
Poboación1.234 (2012)
Densidade91´41 hab./km²

Maupiti consiste nunha illa de 380 m de altitude que se atopa no medio dunha lagoa rodeada por cinco illotes baixos e uns escollos de coral (animal) e aberta ao océano por dous pasos navegables. A superficie terrestre é de 11 km², o total de todo atol é de 13´5 km².

A vila principal é Vaiea, cunha poboación total de 1.234 habitantes no censo do 2012. A actividade principal é o cultivo de sandías e a recolección de copra. O templo protestante é o centro relixioso e social da illa, aínda que os adventistas e os mormóns teñen tamén os seus lugares de culto.

Atópanse vestixios arqueolóxicos datados ao redor do ano 850 dC. Trátase de petróglifos representando tartarugas, anzois e colgantes de dentes de cachalote que son comparables aos atopados en Nova Zelandia, pero anteriores. O primeiro europeo que a viu foi o neerlandés Jacob Roggeveen en 1722. Historicamente a illa tivo unhas relacións estreitas con Bora Bora. Ao principio do século XIX quedou baixo a soberanía do gran xefe de Bora Bora. En 1877 entrou en conflito coa illa veciña por litixios sobre o atol Manuae, e pediu o protectorado francés.

Historicamente coñecíase co nome de Maurua, e Domingo Boenechea en 1775, chamouna San Antonio.

barco de fornecemento de Maupiti Os barrís azuis no peirao son noni que se envía a Papeete para o seu procesamento.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar