Matthew Parker
Matthew Parker, nado o 6 de agosto de 1504 en Norwich e finado o 17 de maio de 1575, foi arcebispo de Canterbury desde 1559 ata a súa morte en 1575. Foi o capelán de Ana Bolena logo de se converter en raíña, e a súa filla, a raíña Isabel I de Inglaterra, fíxoo o arcebispo de Canterbury. El foi un dos principais responsables dos Trinta e nove artigos que definiu a fe anglicana. Como parte do seu esforzo por amosar que a igrexa inglesa fora historicamente independente da de Roma creouse a colección Parker de manuscritos ingleses antigos, como a do Evanxeo de San Agostiño e a Versión A da Crónica anglosaxoa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1504 Norwich, Reino Unido |
Morte | 17 de maio de 1575 (70 anos) Palacio de Lambeth, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Palacio de Lambeth |
Arcebispo de Canterbury | |
17 de decembro de 1559 – 17 de maio de 1575 ← sen valor – Edmund Grindal → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Corpus Christi College |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Familia | |
Fillos | John Parker |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarMatthew naceu en Norwich, na parroquia de St. Saviour como o fillo máis vello de Alice Monins e William Paker. Cando o pai morreu en 1516 súa nai casou con John Baker. Seus pais enviárono en 1522 ao Corpus Christi College da Universidade de Cambridge. Parker graduouse como BA en 1525, ordenouse diácono en abril e sacerdote en xuño de 1527. Profesor de Cambridge desde setembro foi un dos estudosos de Cambridge que Thomas Wolsey desexaba levar ao recentemente fundado "Carnedal College" de Oxford. Parker, como Cranmer, declinou a invitación, influenciado polos reformadores de Cambridge, despois do coroamento de Ana Bolena converteuse no seu capelán. Por intercesión da raíña recibiu o nomeamento de decano do colexio de sacerdotes de Stoke-by-Clare en 1535. Hugh Latimer escribiulle nese ano pedíndolle que non defraudara as expectativas que se formara da súa habelencia. En 1537 o rei Henrique VIII nomeao o seu capelán e xa no ano seguinte foi investigado xudicialmente, pero o bispo de Dover informou favorablemente a Thomas Cromwell sobre el.
En 1541 recibiu o nomeamento de segundo prebendario da catedral de Ely, en 1544 por recomendación do rei acadou o posto de mestre do Corpus Christi College e ao ano seguinte de vicerreitor da universidade. Tivo algúns desencontros co reitor, Stephen Gardiner pola obra teatral, Pammachius, representada polos estudantes e que se burlaba do antigo sistema eclesiástico.
Protestantismo
editarA asociación de Parker co protestantismo volveuse máis estreita co tempo, recibiu maior promoción con John Dudley que baixo o moderado Edward Seymour. En Cambridge, foi amigo de Martin Bucer, leu o sermón no seu funeral en 1551. En 1552 promocionou a deádego da catedral de Lincoln. Como partidario de Dudley e como sacerdote casado, baixo o novo réxime da María I foi desposuído do deádego e do seu posto de mestre no Corpus Christi College, pero sobreviviu ao réxime sen marchar ao exilio.
Arcebispo de Canterbury
editarDespois da subida ao poder de Isabel I, a raíña elixiuno como o novo arcebispo de Canterbury o 1 de agosto de 1559, pero a causa da turbulencia e das execucións dos anos previos foi difícil atopar catro bispos cualificados e dispostos a consagralo, finalmente fíxose o 19 de decembro en Lamberth, consagrándoo William Barlow, antigo bispo de Bath e Wells, John Scory, antigo bispo de Chichester, Miles Coverdale, antigo bispo de Exeter e John Hodgkins, bispo de Bedford. Parker evitou involucrarse en política e non pertenceu ao consello privado da raíña, pero si xogou un importante papel na marcha da Igrexa de Inglaterra, algúns sectores reformadores querían cambios na liturxia e cando menos a opción de os sacerdotes non ter que vestir roupas clericais, ou mesmo a súa completa prohibición, os presbiterianos non querían bispos e os conservadores opúñanse a todos eses cambios.
En 1566 Parker publicou o Book of Advertisements, en resposta sos elementos puritanos, pero non contou co imprimatur da raíña, e o Parlamento mesmo negou que os bispos puideran regular materias de fe.
Títulos relixiosos | ||
---|---|---|
Predecesor: (Primeiro arcebispo sen aprobación papal) Reginald Pole (católico) |
Arcebispo de Canterbury 17 de decembro de 1559 - 17 de maio de 1575 |
Sucesor: Edmund Grindal |
Bibliografía
editar- John Strype Life of Parker, orixinalmente publicada en 1711.
- W. P. M. Kennedy, Archbishop Parker (1908)
- J. Bass Mullinger para o Dictionary of National Biography
- Walter H. Frere no volume de Stephens e Hunt da Church History
- Fuller, Gilbert Burnet, Collier and Richard Watson Dixon's Histories of the Church
- Henry Norbert Birt, The Elizabethan Religious Settlement
- Henry Gee, The Elizabethan clergy and the Settlement of religion, 1558-1564 (1898)
- Froude History of England
- Volume VI da Political History de Longman's
- Encyclopædia Britannica Eleventh Edition
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matthew Parker |