En bioloxía, a matriz nuclear é unha hipotética rede de fibras que se encontra dentro do núcleo celular e é un concepto parecido ao do citoesqueleto do citoplasma, aínda que se propón que a matriz nuclear é máis dinámica que o citoesqueleto. A matriz nuclear, xunto con lámina nuclear, axuda a organizar a información xenética dentro da célula.

O concepto de matriz nuclear é polémico e non todos os investigadores o aceptan. Discútese a súa función exacta e tamén a súa mesma existencia.[1] As primeiras evidencias de que podería existir no núcleo unha matriz obtivéronse en 1948 (Zbarskii e Debov), e descubríronse moitas proteínas nucleares que poderían formar parte da matriz. Algnhas destas proteínas son as chamadas Proteínas Asociadas ao Armazón ou Proteínas Asociadas á Matriz, que teñen un papel na organización da cromatina. A matriz podería estar implicada na regulación da expresión xénica na planta Arabidopsis thaliana.[2]

A composición das proteínas que formarían esta matriz nuclear varía segundo o tipo celular en cancros humanos, polo que sería específica de tumor e distinta da observada en células normais.[3]

Notas editar

  1. Pederson T (March 2000). "Half a century of 'the nuclear matrix'". Molecular Biology of the Cell 11 (3): 799–805. PMC 14811. PMID 10712500. doi:10.1091/mbc.11.3.799. 
  2. Tetko IV, Haberer G, Rudd S, Meyers B, Mewes HW, Mayer KF (March 2006). "Spatiotemporal expression control correlates with intragenic scaffold matrix attachment regions (S/MARs) in Arabidopsis thaliana". PLoS Computational Biology 2 (3): e21. PMC 1420657. PMID 16604187. doi:10.1371/journal.pcbi.0020021. 
  3. Rynearson AL, Sussman CR (June 2011). "Nuclear structure, organization, and oncogenesis". Journal of Gastrointestinal Cancer 42 (2): 112–7. PMID 21286858. doi:10.1007/s12029-011-9253-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar