Mathis Bolly

futbolista marfilés

Mathis Bolly, nado en Oslo o 14 de novembro de 1990, é un futbolista norueguésmarfilés que xoga como centrocampista co Greuther Fürth.

Mathis Bolly
Mathis-Bolly-2014.jpg
Información persoal
Nome Mathis Gazoa Kippersund Bolly
Nacido 14 de novembro de 1990
Lugar Oslo
Altura 1.85[1]
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Holmlia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2012 Lillestrøm 60 (7)
2013–2016 Fortuna Düsseldorf 50 (6)
2014–2016Fortuna Düsseldorf II 3 (2)
2016– Greuther Fürth 0 (0)
Selección nacional
2009 Noruega sub-19 3 (0)
2013– Costa do Marfil 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: Actualizado a 00:16, 18 de maio de 2016 (UTC)
Selección: Actualizado a 10 de xuño de 2014editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De pai marfilés e nai norueguesa, Bolly medrou no barrio de Holmlia en Oslo, e xogou nas seccións inferiores do Lyn, Oppsal e Holmlia antes de fichar polo Lillestrøm en 2008.[2] Fixo o seu debut no primeiro equipo na Tippeligaen contra o Stabæk e xogou dous partidos na súa primeira tempada co club.[3] Na segunda tempada, en 2009, xogou dez partidos na división de honra.[4] Bolly logrou o seu primeiro gol na máxima competición norueguesa nunha vitoria 1–0 contra o Sandefjord o 3 de outubro de 2010.[5] Durante a tempada 2012 marcou catro goles e fixo catro asistencias.[6] Logo aceptou unha oferta do Fortuna Düsseldorf e o 2 de xaneiro de 2013, firmou por tres ano e medio co club alemán.[7]

Debutou na Bundesliga nun enconro contra o Mainz 05 como substituto. No seguinte partido, contra o FC Bayern München o 9 de marzo de 2013, puntuou para o Fortuna Düsseldorf nunha derrota 3–2.[8] E na semana seguinte deulle outro gol ao equipo nun empate 1–1 contra o VfL Wolfsburg.[9] O Fortuna Düsseldorf baixou de categoría na tempada 2012–13 mais Bolly permaneceu co equipo na 2. Bundesliga[10]

Carreira internacionalEditar

Bolly xogou tres partidos coa selección norueguesa sub-19 en 2009 pero en maio de 2013 o adestrador da selección de Costa do Marfil convocouno para a rolda de clasificación do mundial contra Gambia e Tanzania.[11] Xogou o seu primeiro encontro con Costa do Marfil contra Gambia o 8 de xuño de 2013.[10] O seu segundo partido foi nun amigable contra México en agosto 2013, xogando ao lado de Didier Drogba.[12] Tamén o chamaron para xogar con Costa do Marfil no Mundial de Fútbol Brasil 2014 no Brasil, e debutou nun mundial na segunda parte no partido contra Colombia.

NotasEditar

  1. "Bolly, Mathis". kicker.de. 
  2. "Bolly takket nei til spill for Norge". Aftenposten. 27 de maio de 2013. 
  3. "På kanten av gjennombruddet". rb.no. 14 de xaneiro de 2009. 
  4. "Tidenes raskeste norske eliteseriespiller". Aftenposten. 5 de novembro de 2009. 
  5. "Bolly-perle sikret seier til uavgjortspesialistene". VB. 23 de febreiro de 2016. 
  6. "Berg: - Bolly kunne fått mange landskamper for Norge". VG. 18 de maio de 2013. 
  7. "Her er Norges ferskeste Bundesliga-proff". Dagbladet. 2 de xaneiro de 2013. 
  8. "Her scorer Mathis Bolly sitt første Bundesliga-mål mot mektige Bayern München". TV2. 9 de marzo de 2013. 
  9. http://www.tv2.no/sport/fotball/tyskland/her-scorer-mathis-bolly-i-bundesliga-igjen-4009601.html Her scorer Mathis Bolly i Bundesliga igjen. TV 2, 15 de marzo de 2013
  10. 10,0 10,1 "Denne nordmannen er nær VM". Nettavisen. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2016. 
  11. "Bolly sier nei til Norge". TV2. 17 de maio de 2013. 
  12. "På lag med Drogba". rb.no. 15 de agosto de 2013.