Matanza do día de San Bartolomeu
A matanza do día de San Bartolomeu foi un episodio sanguento na represión dos protestantes na Francia polos reis franceses, católicos. As matanzas, organizadas pola casa real francesa, comezaron o 24 de agosto de 1572 e duraron varios meses, inicialmente en París e despois noutras cidades francesas, morrendo entre 70.000 e 100.000 protestantes franceses (chamados hugonotes).
Este masacre veu dous anos despois do tratado de paz de Saint-Germain, polo cal Catarina de Médici tiña ofrecido treguas aos protestantes.
En 1572, catro incidentes interrelacionados teñen lugar após o casamento real de Margarida de Valois (a irmá do rei de Francia) con Henrique de Navarra, unha alianza que supostamente debería acalmar as hostilidades entre protestantes e católicos e fortalecer as aspiracións de Henrique ao trono. En 22 de agosto, un axente de Catarina de Médici (a nai do rei de Francia de entón, Carlos IX de Francia, o cal tiña apenas 22 anos e non tiña verdadeiramente o control), un católico chamado Maurevert, tentou asasinar ao almirante Gaspard de Coligny, líder hugonote de París, o que enfureceu aos protestantes, a pesar de quedar el apenas ferido.
Nas primeiras horas da madrugada de 24 de agosto, o día de San Bertomeu, decenas de líderes hugonotes foron asasinados en París, nunha serie coordenada de ataques planeados pola familia real.
Este fora o sinal inicial para un masacre máis grande. Comezando o 24 de agosto e durando até outubro, houbo unha onda organizada de asasinatos de hugonotes en cidades coma Tolosa, Bordeos, Lión, Bourges, Ruán, e Orleáns.
Relatos da altura dan conta de cadáveres nos ríos durante meses, de modo que ninguén comía peixe.
Non foi o primeiro nin o último ataque masivo aos protestantes franceses. Outros programas se seguirían.
Os eventos en ficción
editarA historia foi relatada por Alexandre Dumas na súa obra La Reine Margot, un romance de 1845, historicamente acurado, a pesar de Dumas ter inserido romantismo e aventuras no seu texto. O romance de Dumas foi adaptado ao cinema en 1994, en La Reine Margot ("A Raíña Margot"), de Patrice Chéreau, que obteu grande acollida do público.
A matanza xa fora representada no cinema por D.W. Griffith no filme mudo Intolerance ("Intolerancia"), de 1916.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Matanza do día de San Bartolomeu |