Mass Effect 3
Mass Effect 3 é un videoxogo de ciencia ficción, rol e shooter de 2012 desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts para Microsoft Windows, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U.[2] Anunciado oficialmente o 11 de decembro de 2010,[3][4] foi publicado o 6 de marzo de 2012[5][6] sendo o capítulo final na triloxía Mass Effect, completando a historia do Comandante Shepard.[7][8] A versión para Wii U anunciouse na conferencia de Nintendo da Electronic Entertainment Expo de 2012.[9] A adaptación para Wii U foi desenvolvida por Straight Right[10] e publicada baixo o título Mass Effect 3: Special Edition.[11]
Mass Effect 3 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | BioWare Straight Right (Wii U)[1] |
Distribuidora(s) | Electronic Arts |
Director(es) | Casey Hudson |
Produtor(es) | Jesse Houston |
Deseñador(es) | Preston Watamaniuk |
Programador(es) | David Falkner |
Escritor(es) | Mac Walters |
Artista(s) | Derek Watts |
Compositor(es) | Sascha Dikiciyan Sam Hulick Chris Lennertz Clint Mansell Cris Velasco |
Motor | Unreal Engine 3 |
Lanzamento | |
Xénero | Acción, rol, shooter |
Modos de xogo | Un xogador, multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows e Wii U |
Serie | Mass Effect |
Na rede | |
https://www.ea.com/games/mass-effect/mass-effect-3) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O sistema de combate de Mass Effect 3 foi modificado dende os títulos previos. O sistema de cobertura foi mellorado, engadíronse mortes instantáneas en combate corpo a corpo, granadas de tipo máis convencional e unha intelixencia artificial mellorada. Tamén se incluíu un modo cooperativo multixogador para catro xogadores.[12] A historia de Mass Effect 3 cambia substancialmente dependendo das decisións tomadas polo xogador en Mass Effect e Mass Effect 2 ao importar unha partida gardada dende este último.
Mass Effect 3 tivo grande éxito comercial e recibiu boas críticas dos medios. Porén, os posibles finais da historia do xogo recibiron as críticas de moitos xogadores, o que contribuíu a que Bioware publicase un contido descargable gratuíto que elaboraba as consecuencias da decisión tomadas polo xogador ao escoller o final e máis durante toda a serie, así coma aclarando varias dúbidas no argumento. O xogo foi nomeado a cinco premios Spike de 2012, gañando o de Mellor Xogo de Rol.[13]
Notas
editar- ↑ "Mass Effect 3 and the little-known company behind the Wii U game" (en inglés). Polygon. 7 de setembro de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2015.
- ↑ Johnny Cullen (12 de decembro de 2010). "Mass Effect 3 confirmed for 360, PC and PS3". VG247. Consultado o 9 de decembro de 2010.
- ↑ "Mass Effect 3 Trailer Finally Revealed at VGAs". Game Rant. Consultado o 2012-01-05.
- ↑ Gilbert, Ben (2010-12-11). "Mass Effect 3 officially revealed (no, seriously this time)". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 2012-01-05.
- ↑ Daniel Krupa (2011-08-30). "Mass Effect 3: The End of Shepard – Xbox 360 News at IGN". Xbox360.ign.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 2012-01-05.
- ↑ "BioWare Announces Mass Effect 3 Release Dates For Europe And US - NowGamer". 16 de agosto de 2011. Consultado o 2011-10-14.
- ↑ Castillo, Michelle (13 de decembro de 2010). "The Reapers Abound In "Mass Effect 3"". techland.time.com (Time Inc.). Consultado o 30 de marzo de 2011.
- ↑ "Mann, Matt. MASS EFFECT 3: Commander Shepard Last Stand? WhatCulture!". 2011-08-30. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2011-09-17.
- ↑ Thomas, Lucas M. (2012-06-05). "E3 2012: Details for Mass Effect 3's Wii U Edition". IGN. Consultado o 2012-06-06.
- ↑ Serrels, Mark (2012-08-29). "Aussie Studio Developing Mass Effect 3 For Wii U". Kotaku Australia. Consultado o 2012-08-29.
- ↑ Fahey, Mike (5 de xuño de 2012). "Mass Effect 3 Makes Its Nintendo Debut on the Wii U". Kotaku. Gawker. Consultado o 5 de xuño de 2012.
BioWare just announced via its official Twitter account that Mass Effect 3 will be a launch title for the Wii U this holiday season.
- ↑ "Choose Language | BioWare Social Network". Social.bioware.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 2012-01-05.
- ↑ Hinkle, David. "Spike VGA 2012 winners: Walking Dead takes GOTY, Journey floats away with a few awards". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2015.