A Masía Freixa (en catalán: Masia Freixa) é un edificio modernista da cidade de Terrasa que se atopa no parque de Sant Jordi, antigos xardíns e terreos adxacentes na masía, dentro do barrio de Ca n'Aurell. Construída en 1896, foi pensada orixinalmente como unha fábrica de fiado e foi reformada entre 1907 e 1914 por Lluís Muncunill i Parellada, que a transformou na residencia familiar do industrial téxtil Josep Freixa. O arquitecto converteuno nunha das xoias do modernismo da cidade, coa súa estrutura de arcos e voltas de inspiración gaudiniana e os muros pintados de branco, de onde sobresae unha alta torre.[1]

Masía Freixa
Edificio
LocalizaciónTerrasa, Cataluña Cataluña
Coordenadas41°33′47″N 2°00′15″L / 41.563, 2.00422Coordenadas: 41°33′47″N 2°00′15″L / 41.563, 2.00422
Remate1910
Equipo
Arquitecto(s)Lluís Muncunill i Parellada
editar datos en Wikidata ]

Durante moitos anos abeirou o Conservatorio Municipal de Música, que foi trasladado a un edificio de nova construción no Campus Universitario, no barrio do Cemiterio Vello. A día de hoxe acolle as oficinas do Valedor do Pobo e a Oficina de Turismo do Concello, alén da sede da rede de Turismo Industrial de Cataluña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Bofarull, Anna Maria (marzo 2010). "Inspiració gaudiniana". Sàpiens (Barcelona): p. 65. ISSN 1695-2014.