Mary Baker Eddy
Mary Baker Eddy, nada en Bow, Nova Hampshire, 16 de xullo de 1821 e finada en Newton, Massachusetts o 3 de decembro de 1910 foi unha escritora, fundadora da Ciencia Cristiá.
Mary Baker Eddy | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mary Morse Baker |
Nacemento | 16 de xullo de 1821 e 1821 |
Lugar de nacemento | Bow |
Falecemento | 3 de decembro de 1910 e 1910 |
Lugar de falecemento | Chestnut Hill |
Causa | pneumonía |
Soterrada | Mount Auburn Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ciência Cristã |
Alma máter | Pembroke Academy |
Ocupación | escritora, autora e teólogo |
Pai | Mark Baker |
Nai | Abigail Ambrose Baker |
Cónxuxe | Asa Gilbert Eddy |
Irmáns | Martha Smith Baker |
Premios | National Women's Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
En 1866 afirmou descubrir o mesmo Principio divino que utilizou Xesucristo e terse curado a si mesma de danos críticos na columna vertebral tras sufrir unha caída no xeo o 1 de febreiro dese ano en Lynn, Massachusetts. Na súa obra Retrospection and Introspection, atópanse "as experiencias que a guiaron, no ano 1866, ao desenvolvemento do sistema que denominou Ciencia Cristiá".[1]
En 1875 publicou a primeira edición do libro Science and Health with key to the Scriptures, o alicerce da relixión que fundou. Nel manifestou que "o Principio divino da curación se comproba na experiencia persoal de calquera investigador sincero da Verdade" e que tal foi o seu caso.[2] En 1879 fundou a Igrexa de Cristo, Científico.[3]
Ao longo da súa carreira, Mary Baker Eddy fundou numerosas publicacións. En 1898 fundou a Sociedade Editora da Ciencia Cristiá, encargada dende entón da publicación dos seus escritos e das revistas periódicas como The Christian Science Journal, o Christian Science Sentinel, Herald of Christian Science e o Caderno Trimestral da Ciencia Cristiá.[4]
Mary Baker Eddy propugnou a restitución, mediante a súa igrexa e o sistema de curación por ela desenvolvido, dun cristianismo máis acorde co primitivo e que restaurase o seu "perdido elemento de curación".[5]
Recoñecementos Editar
A Asociación Feminina do Libro de Estados Unidos inclúe á súa obra Science and Health nunha lista de 75 libros de mulleres cuxas palabras cambiaron o mundo. O Salón Feminino da Fama dos Estados Unidos incluíuna en 1995 mencionando que "deixou unha marca indeleble na relixión, a medicina e o xornalismo".[6]
Críticas Editar
A Igrexa da Ciencia Cristiá promove un sistema espiritual onde a enfermidade é considerada como non creada por Deus e polo tanto irreal, polo cal a cura dos males do corpo lógrase a través dunha mellor comprensión de Deus, o Espírito. Moitas persoas formáronse nesta escola e predicaban simplemente a través da fala. Esta idea alcanzou unha grande aceptación, volvendo a Igrexa da Ciencia Cristiá unha das institucións economicamente máis prósperas dos Estados Unidos no século XIX.[7]
Notas Editar
- ↑ Baker Eddy, Mary (2000). Ciencia y Salud con Clave de las Escrituras (en castelán). La Junta Directiva de la Ciencia Cristiana. ISBN 0-87952-269-0.
- ↑ idem. ISBN 0-87952-269-0.
- ↑ Baker Eddy, Mary (1993). Manual de La Iglesia Madre, The First Church of Christ, Scientist, in Boston, Massachusetts. La Junta Directiva de la Ciencia Cristiana.
- ↑ Portal de la Sociedad Editora de la Ciencia Cristiana, distribúe os escritos de Eddy e publica as revistas periódicas.
- ↑ Baker Eddy, Mary (1895). Manual de La Iglesia Madre (89.ª ed.). Trustees Under the Will of Mary Baker Eddy.
- ↑ Mary Baker Eddy en National Women's Hall of Fame
- ↑ Zweig, Stefan. La Curación por El Espíritu (89.ª ed.). Acantilado.