Martin Landolt
Martin Landolt, nado o 30 de xuño de 1968 en Näfels, é un político suízo, presidente do Partido Burgués Democrático Suízo.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1968 (55 anos) Näfels, Suíza (pt) |
Membro do Consello Nacional de Suíza | |
2 de marzo de 2009 – 29 de novembro de 2023 Circunscrición electoral: Cantón de Glarus | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | político |
Partido político | Unión Democrática do Centro (–2008) Partido Burguês Democrático (pt) |
Lingua | Lingua alemá |
Páxina web | landolt.info |
Traxectoria
editarLandolt realizou a súa formación de empregado de banca no Banco Cantonal de Glarus, mais logo continuou a súa formación nunha escola superior de administración de empresas. Entre novembro de 2010 e outubro de 2013 foi conselleiro político de UBS.[1][2]
Landolt entrou en 1998 no Gran Consello de Glarus nas listas da Unión Democrática do Centro. De 2003 até 2008 foi vicepresidente da sección cantonal do partido. O 19 de maio de 2008 anunciou a súa marcha do partido, argüíndo que as ideas liberais xa non encaixaban co partido.[3][4] Asumiu entón a presidencia da Fracción Liberal, os disidentes da UDC, no seo do parlamento de Glarus e estivo entre os fundadores do Partido Burgués Democrático Suízo, converténdose en presidente da sección cantonal. O 8 de febreiro de 2009 entrou, nunha elección parcial, no Consello Nacional. O 5 de maio de 2012 substituíu a Hans Grunder como presidente do PBDS.[5]
Notas
editar- ↑ Hubert Mooser: «So wie der UBS-Job gestaltet ist, sehe ich keine Konflikte».
- ↑ Martin Landolt befreit die BDP von der UBS.[Ligazón morta]
- ↑ «Streit in der Glarner SVP», NZZ online vom 19.
- ↑ «SVP-Präsi hat genug von Blochers Stil Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine.», Blick online vom 19.
- ↑ Martin Landolt ist neuer Präsident der BDP Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. bei tagesschau.sf.tv, 5.