Marta Landín

xornalista e presentadora galega


Marta Landín Liste, nada en Melide[1] o 12 de febreiro de 1973, é unha xornalista e presentadora galega.

Infotaula de personaMarta Landín
Biografía
Nacemento(es) Marta Landín Liste Editar o valor em Wikidata
12 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Melide, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Europeia de Madrid (pt) Traducir - Q43236300 Traducir (1991–1995)
Facultad de Ciencias Políticas y Sociología (Universidad Complutense de Madrid) (en) Traducir - relacións internacionais Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRadio Televisión Madrid (2007–)
Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1997–2007)
Axencia Galega de Noticias
RTVE
Atresmedia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3291961 Facebook: martalandin Twitter: LandinMarta Instagram: landin_marta LinkedIn: marta-landin-liste-91809825 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e doutorouse en Relacións Internacionais pola Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid. Foi bolseira en Antena 3 Radio, TVE, TVG, Axencia Galega de Noticias e colaboradora do programa Gente de TVE. En 1997 incorporouse á Radio Galega como correspondente en Madrid.

No 1998 pasou á TVG, onde exerceu como redactora até 2004, cando a nomearon delegada da cadea en Madrid. En xaneiro de 2007 pasou a Telemadrid para copresentar Telenoticias 1 (TN1) ás 7h00 con Álvaro de los Santos. Desde entón traballa en Telemadrid, primeiro como redactora dos informativos de fin de semana e despois como presentadora de informativos. En setembro de 2007 comezou a presentador Telenoticias Fin de semana con Vicente Gil Lázaro.

Entre maio de 2008 e xullo de 2010 presentou Madrid directo[2] en substitución de Inmaculada Galván, que deixaba entón o veterano magacín de Telemadrid despois de quince anos para fichar por TVE.[3][4]

En setembro de 2010 reincorporouse como reporteira de Telenoticias 2 en Telemadrid e no outono de 2014 presentou a sección Tú y Madrid dos informativos de fin de semana e desde abril de 2016 no programa Madrid Contigo dirixido e presentado por Inmaculada Galván.

En 2013 colaborou no semanario dixital Sierra Norte Digital.[5]

Entre setembro de 2017 e setembro de 2018 presentou Buenos días, Madrid con Santi Acosta e Cristina Ortega, baixo dirección do propio Santi Acosta.[6] Desde setembro de 2018 é redactora da área de Nacional de Telenoticias.[7]

Premios editar

Gañadora do Premio Solidario ONCE da Comunidade de Madrid 2017, na categoría de Programa.[8]

Notas editar

  1. Landín Liste, Marta. "Marta Landín Liste". Consultado o 15 de agosto de 2022. 
  2. "Marta Landín, nueva cara de ‘Madrid Directo’" (en castelán). 2008-05-19. Consultado o 2022-08-15. 
  3. "Marta Landín: “El día a día es correr y correr” | UEMCOM". 2011-12-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de diciembre de 2011. Consultado o 2022-08-15. 
  4. "CVB: Noticia". 2010-09-20. Arquivado dende o orixinal o 20 de septiembre de 2010. Consultado o 2022-08-15. 
  5. Redacción (2013-04-27). "Marta Landín:"Disfruto con participar en un proyecto ilusionante como es éste"" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 2022-08-15. 
  6. Moreno, Juanfran (2017-08-23). "EXCLUSIVA: Telemadrid recupera ‘Buenos días, Madrid’ con Santi Acosta y Marta Landín" (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  7. "Telemadrid prescinde de Santi Acosta como presentador de «Buenos días, Madrid»" (en castelán). 2018-09-05. Consultado o 2022-08-15. 
  8. "Marta Landín: “Me encantaría que hubiera un presentador de televisión sin un brazo”" (en castelán). Consultado o 2022-08-15.