Mars Exploration Rover

Mars Exploration Rover ou MER foron un par de róvers da NASA enviados a explorar Marte.[1][2]

Un dos MER na superficie de Marte.

CaracterísticasEditar

A NASA deseñou e construíu dous vehículos de superficie para a exploración de Marte na ventá de lanzamento de 2003 aos que denominou xenericamente Mars Exploration Rovers ou MER, e denominando a un deles MER 1 e ao outro MER 2. Eventualmente a MER 1 se lle coñecería como Opportunity e ao MER 2 como Spirit. De maneira un tanto confusa, a NASA denominou a conxunto de etapa de cruceiro e MER 2 durante a viaxe ata Marte como MER A e á etapa de cruceiro xunto con MER 1, MER B.[1][2]

Cada MER tiña unha masa duns 130 kg estaban baseados no deseño do rover Athena pensado para a misión Mars 2001 Lander, que nunca chegou a levarse a cabo. A configuración de cruceiro, cunha etapa de entrada atmosférica protexendo ao róver correspondente e unha etapa de cruceiro, co sistema de control, enerxía e propulsión, estaba baseada na da misión Mars Pathfinder, e os MER aterraron en Marte usando o mesmo sistema que nesa misión: paracaídas e airbags.[1][2]

MER A foi lanzado mediante un Delta 7925 o 10 de xuño de 2003 e MER B o 8 de xullo de 2003 cun Delta 7925H), os dous desde Cabo Cañaveral. Spirit chegou a Marte o 4 de xaneiro de 2004, aterrando no cráter Gusev. Opportunity tocou terra en Meridiani Planum o 25 de xaneiro dese mesmo ano. A misión principal dos vehículos tiña unha duración de 90 días, pero alongouse varios anos grazas á resistencia e bo deseño de ambos róvers. Spirit finalmente deixou de comunicarse coa Terra o 22 de marzo de 2010, mentres que Opportunity continúa enviando datos.[1][2]

InstrumentosEditar

Os MER levaban os seguintes instrumentos a bordo:[1][2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "MER" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mars Exploration Rover A, B (MER A, B / Spirit / Opportunity)" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar