Mark Owen

futbolista británico

Mark Anthony Patrick Owen, nado o 27 de xaneiro de 1972, é un cantante e compositor británico. É membro da banda pop Take That. Na súa carreira musical en solitario, Owen vendeu sobre 500,000 álbums en todo o mundo e sobre 45 millóns de álbums con Take That.

Infotaula de personaMark Owen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Oldham, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Augustine of Canterbury RC High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor , cantante , futbolista , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony BMG Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Chadderton F.C. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmma Ferguson (2009–)

Páxina webmarkowenofficial.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0654202 TV.com: people/mark-owen
Youtube: UCCHmFNsh_Sg1QTmF_L62gMg Musicbrainz: dd623af1-5e1d-4dd3-b480-98ce8d4f5178 Songkick: 519155 Discogs: 301244 Allmusic: mn0000134852 Genius: Mark-owen Editar o valor em Wikidata

Take That editar

Take That: 1990-96 editar

Take That formouse en 1990 e durante o seu tempo co grupo Owen tivo a voz principal nunha canción por primeira vez, cando Gary Barlow compuxo "Babe" porque quería que el a cantase.

A pesar de que Owen non era sempre a voz principal, era o membro máis popular do grupo, a causa do seu bo aspecto xuvenil e o seu comportamento doce, gañou premios con regularidade nos Smashes Hit's como "O home máis quente do mundo" ou "Mellor corte de cabelo".

Take That: 2005-actualidade editar

Mark foi completamente aclamado pola crítica en The Ultimate Tour, xira de regreso de Take That en 2006. Despois da xira, Universal propuxo á banda a creación dun novo álbum, e pouco tempo despois lanzouse un novo álbum de estudio titulado, Beautiful World. Tres sinxelos foron promovidos no Reino Unido: Patience (en 2006), Shine (en 2007), que alcanzaron o número un nas listas, e I'd Wait for Life en xuño de 2007, que se posicionou no posto 17. A banda embarcouse en The Beautiful World Tour a finais de 2007, que lles levou por toda Europa e que resultou ser outro éxito. Foi lanzado un DVD do concerto celebrado no O2 Arena de Londres.

Carreira en solitario editar

Green Man editar

Após a separación de Take That, Owen converteuse no segundo do ex-membros da banda en lanzar un álbum en solitario. Alcanzou o número tres no UK Singles Chart co seu sinxelo debut, "Child". Seu segundo sinxelo, "Clementine", tamén chegou ao posto número tres. No 1997, seu álbum debut, Green Man foi lanzado á venda, chegando ao número 33. O segundo sinxelo, "I Am What I Am", chegou ao número 29. Pero Owen foi eliminado por BMG Recors a finais de 1997. O álbum foi re-lanzado en 2003, co título "Green Man: Revisited". O álbum foi re-editado polo éxito do seu segundo álbum de estudio.

In Your Time editar

Despois de ser invitado a actuar no escenario con Robbie Williams en Knebworth, regresou aos escenarios e asinou un contrato con Island/Universal Records. En agosto de 2003, Owen regresou ás listas de éxitos co hit, "Four Minute Warning", (escrito en conxunto co seu amigo Gary Barlow) que se mantivo no Top 40 durante oito semanas. O seu segundo álbum, In Your Own Time, foi lanzado en novembro de 2003, entrando nas listas no número 59.

How The Mighty Fall editar

En abril de 2004 estableceu a súa propia compañía discográfica, Sedna Records. Un informe en 2004, afirmou que Owen estaba a buscar un traballo, pero el simplemente dixo: "Facer un traballo como este, ben, non é barato. Estas son as miñas indulxencias. Non teño un Ferrari, teño dous álbums". Mark lanzou o seu terceiro álbum en solitario, How The Mighty Fall en 2005, que foi gravado nos estudos Sunset, Os Ánxeles en 2004. En febreiro de 2006 publicou "Hail Mary" como sinxelo do álbum.

The Art of Doing Nothing editar

En xuño de 2013, Mark, lanza o seu cuarto álbum de estudio en solitario, The Art of Doing Nothing ("A arte de non facer nada"), con Polydor Records.

Discografía editar

Álbums editar

Título Detalles do álbum Posición nas listas
 
RU
 
AUT
 
BÉL (FLA)
 
BÉL (WAL)
 
FIN
 
ALE
 
ITA
 
IRL
 
XPN
 
NL
 
ESC
 
ESP
 
SUI
Green Man
  • Lanzamento: 2 de decembro de 1996
  • Discográfica: RCA
  • Formatos: CD
33 28 25 40 27 46 15 93 62 3 22
In Your Own Time
  • Lanzamento: 3 de novembro de 2003
  • Discográfica: Island
  • Formatos: CD
59
How the Mighty Fall
  • Lanzamento: 18 de abril de 2005
  • Discográfica: Sedna
  • Formatos: CD
78 56
The Art of Doing Nothing
  • Lanzamento: 7 de xuño de 2013
  • Discográfica: Polydor
  • Formatos: CD, Descarga dixital
29 76 160 22 67 36
"—" significa que non chegou ás listas dese país.

Sinxelos editar

Ano Título Posición nas listas Álbum
 
UK
[1]
 
AUS
 
AUT
 
BÉL (FLA)
 
BÉL (WAL)
 
FIN
 
ALE
 
IRL
 
NL
 
SUE
 
SUI
1996 "Child" 3 24 10 7 9 11 20 10 28 30 5 Green Man
1997 "Clementine" 3 51 50 20 52 10 49
"I Am What I Am" 29
2003 "Four Minute Warning" 4 37 52 In Your Own Time
"Alone Without You" 26
2004 "Makin' Out" 30 How the Mighty Fall
2005 "Believe in the Boogie" 57 78
"Hail Mary" 103
2013 "Stars" The Art of Doing Nothing
S.A.D Ft Ren Harvieu
Carnival
"—" significa que non chegou ás listas dese país.

Notas editar

  1. "Chart Log UK: The O – Ozric Tentacles". Zobbel.de. Consultado o 18 July 2011. 

Véxase tamén editar