Marisa Crespo
médica galega
María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.
Marisa Crespo | |
---|---|
Nacemento | 1961 |
Lugar de nacemento | Lamas |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | médica |
Premios | Medalla Castelao |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo o doutoramento na Universidade Autónoma de Madrid e a especialidade en Cardioloxía no Hospital Puerta de Hierro de Madrid. Dende 1993 dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Trasplante Cardíaco no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
RecoñecementosEditar
En 2019 fóille concedida a medalla Castelao.