Marion Zimmer Bradley

escritora estadounidense


Marion Eleanor Zimmer Bradley, nada en Albany (Nova York) o 3 de xuño de 1930 e finada en Berkeley (California) o 25 de setembro de 1999, foi unha escritora estadounidense. Publicou novelas de literatura fantástica e ciencia ficción como The Mists of Avalon ou a saga de Darkover, decote cunha perspectiva feminista.

Infotaula de personaMarion Zimmer Bradley
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1930 Editar o valor em Wikidata
Albany, Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHardin–Simmons University (en) Traducir
Universidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de ciencia ficción , novelista , editora literaria Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFantasía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWalter Breen (1964–1990), divorcio
Robert Alden Bradley (1949–1964), divorcio
IrmánsPaul Edwin Zimmer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmzbworks.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0956595 Facebook: marionzimmerbradley Discogs: 2002832 WikiTree: Zimmer-1356 Find a Grave: 6108448 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha granxa durante a Gran Depresión. Empezou a escribir en 1949 e vendeu a súa primeira historia a Vortex, en 1952. Na década de 1950 introduciuse nun grupo cultural de lesbianas, Daughters of Bilitis. En 1965 licenciouse en Artes na Hardin Simmons University de Abilene (Texas), e despois mudouse a Berkeley para cursar estudos de posgrao na Universidade de California entre 1965 e 1967. En 1966 axudou a fundar e deu nome á Society for Creative Anachronism, e estivo involucrada no desenvolvemento de varios grupos locais.

Foi editora da serie Sword and Sorceress, e colaborou en revistas de ciencia ficción como Venture Science Fiction. As súas obras máis coñecidas son a recreación do ciclo artúrico The Mists of Avalon (1983), e The Firebrand (1987), historia da guerra de Troia narrada por Casandra.

Cos pseudónimos de Morgan Ives, Miriam Gardner, John Dexter e Lee Chapman produciu na década de 1960 unha serie de novelas de temática homosexual.

Vida persoal editar

En outubro de 1949 casou con Robert Alden Bradley, con quen tivo un fillo, David Robert Bradley (1950 – 2008), e divorciáronse o 19 de maio de 1964. En xuño dese mesmo ano casou co numismático Walter Breen, con quen tivo unha filla, Moira Breen. Separáronse en 1979, se ben seguiron casados e mantiveron unha relación de negocios até que se divorciaron o 9 de maio de 1990, ano en que Breen foi detido por cargos de abuso de menores.

O seu fillo David Bradley e o seu irmán Paul Zimmer publicaron obras de fantasía e ciencia ficción. A súa filla Moira Breen é artista e cantante profesional.

Obra editar

Novelas editar

  • Falcons of Narabedla (1957)
  • The Door Through Space (1961)
  • Seven from the Stars (1961)
  • The Colours Of Space (1963)
  • Castle Terror (1965)
  • Souvenir of Monique (1967)
  • Bluebeard's Daughter (1968)
  • The Brass Dragon (1970)
  • In the Steps of the Master – The Sixth Sense #2 (1973) (baseada na serie de televisión The Sixth Sense, creada por Anthony Lawrence)
  • Hunters of the Red Moon (1973; novela curta)
  • The Jewel of Arwen (1974; novela curta)
  • The Parting of Arwen (1974; novela curta)
  • Can Ellen Be Saved? (1975; adaptación dun guión de Emmett Roberts)
  • The Endless Voyage (1975)
  • Drums of Darkness (1976)
  • The Ruins of Isis (1978)
  • The Catch Trap (1979)
  • The Endless Universe (1979) (reescritura The Endless Voyage)
  • The House Between the Worlds (1980)
  • Survey Ship (1980)
  • The Colors of Space (1983)
  • Night's Daughter (1985)
  • Warrior Woman (1985)
  • The Firebrand (1987)
  • Black Trillium (1990; con Julian May e Andre Norton)
  • Lady of the Trillium (1995; con Elisabeth Waters)
  • Tiger Burning Bright (1995; con Mercedes Lackey e Andre Norton)
  • The Gratitude of Kings (1997; con Elisabeth Waters)

Coleccións de relatos curtos editar

  • The Dark Intruder and Other Stories (1964)
  • The Best of Marion Zimmer Bradley (1985)
  • Jamie and Other Stories (1988)
  • Marion Zimmer Bradley's Darkover (Darkover collection) (1993)

Series editar

Atlantean editar

Avalon editar

Colin MacLaren editar

  • The Inheritor (1984)
  • Dark Satanic (1988; publicada en 1972 por Berkley, NY)
  • Witch Hill (1990; publicada posiblemente en 1972 por Greenleaf baixo o pseudónimo de Valerie Graves)
  • Heartlight (1998)

Shadow's Gate editar

(con Rosemary Edghill)

Darkover editar

Triloxía The Clingfire editar

Véxase tamén editar

Ligaźons externas editar