Mario Gila Fuentes
Mario Gila Fuentes, nado en Barcelona o 29 de agosto de 2000, é un futbolista español que xoga na posición de defensa no Real Madrid Castilla Club de Fútbol da Primeira Federación, terceira categoría do fútbol de España.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 2000 (23 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarGila iniciouse aos nove anos no club Santa Perpetua de Moguda en 2009, e onde permaneceu até 2013. De alí fixo un periplo por diferentes clubs cataláns até recalar nas formativas do Real Club Deportivo Espanyol en 2017.[n. 1] Na disciplina «perica» formou parte do equipo na categoría xuvenil na tempada 2017-18.
En 2018 incorporouse ás categorías inferiores do Real Madrid Club de Fútbol. Formou parte do equipo xuvenil, antes de incorporarse ao equipo filial en 2019. As súas boas actuacións valéronlle para ser convocado como internacional sub-19 con España. Un dos seus principais logros foi a súa participación na Liga de Campións Xuvenil (Youth League) no curso 2018-19, onde xogou tres encontros como titular, nos que anotou un tanto, o seu primeiro en competición internacional UEFA.[1]
Pouco a pouco foi progresando ata converterse no piar da defensa do Real Madrid adestrada por Raúl González Blanco,[2][3] e espertou o interese de varios clubs europeos, chegando incluso a rexeitar unha oferta da Unione Sportiva Sassuolo Calcio da Serie A de Italia.[4]
Estatísticas
editarClubs
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
editar- ↑ Sabadell (2013-14), Mollet (2014-16) y Damm (2016-17).
- Referencias
- ↑ Portal digital Transfermarkt (ed.). "Reporte Roma-Real Madrid (Champions juvenil)". Consultado o 29 de agosto de 2021.
- ↑ Diario Marca (ed.). "Mario Gila, central de confianza de Raúl y candidato al Premio Fair Play". Consultado o 29 de agosto de 2021.
- ↑ Portal digital LaFábrica (ed.). "Mario Gila, un pilar para el Castilla de Raúl". Consultado o 29 de agosto de 2021.
- ↑ Diario Marca (ed.). "Gila, el 'tapado' de La Fábrica". Consultado o 29 de agosto de 2021.