Marie de Garis
Marie de Garis, nada Marie Le Messurier o 15 de xuño de 1910 en Saint-Pierre-du-Bois (Guernsey, Illas da Canle) e morta no mesmo lugar o 10 de agosto de 2010, foi unha lingüista e lexicógrafa de Guernsey As súas obras son fonte de autoridade en materia de francés e normando da illa de Guernsey.
Marie de Garis | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1910 |
Lugar de nacemento | Guernsey |
Falecemento | 10 de agosto de 2010 |
Lugar de falecemento | Guernsey |
Nacionalidade | Guernsey |
Ocupación | lexicógrafa |
Premios | membro da Orde do Imperio Británico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Sen estudos académicos formais, Marie de Garis converteuse nunha especialista na variedade guernesiais do normando. Autora do dicionario bilingüe anglo-guernesiais Dictiounnaire Angllais-Guernésiais, que tivo a primeira edición en 1967.[1] O seu dicionario superou a "Le Dictionnaire franco-normand" de George Métivier e a ortografía que usou converteuse no referente do guernesiais escrito[2]. Publicou obras de investigación lingüística e etnográfica, salientando "Folklore of Guernsey" en 1975. "Glossary of Guernsey place-names" en 1976 e Guernesiais - a grammatical survey en 1985. Foi presidenta de La Société Guernesiaise e de "L'Assembllaïe d'Guernesiais". En 1999 converteuse en membro da Orde do Imperio Británico polo seu traballo en favor da preservación e desenvolvemento da cultura guernesiais.
NotasEditar
- ↑ "Guernsey language stalwart Marie de Garis dies", BBC News, 10 de agosto de 2010 ]
- ↑ Sallabank, Julia (2002)"Writing in an unwritten language: the case of Guernsey French" Reading Working Papers in Linguistics, 6 . pp. 217-244