Marie Senghor Basse

médica senegalesa


Marie-Thérèse Camille Senghor Basse, nada en Rufisque o 20 de marzo de 1930 e finada en 2019, foi unha doutora senegalesa.

Infotaula de personaMarie Senghor Basse
Biografía
Nacemento(fr) Marie Thérèse Camille Senghor Basse Editar o valor em Wikidata
20 de marzo de 1930 Editar o valor em Wikidata
Rufisque, Senegal Editar o valor em Wikidata
Morte2019 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixiu o Centre de protection maternelle et infantile (Centro de Protección da Nai e do Neno) e traballou como representante do Senegal na Organización para a Alimentación e a Agricultura das Nacións Unidas desde 1961 a 1966. Despois diso regresou a Senegal co seu marido Edouard Camille Basse, o embaixador do Senegal en Italia, e traballou dous anos como inspectora na Escola de Medicina de Dakar. En 1968 Basse fundou o Institut de Technologie Alimentaire (Instituto de Tecnoloxía Alimentaria) do Senegal onde investigou o procesamento de froitas, vexetais, cereais, e produtos animais. Ademais, Basse apareceu con frecuencia na televisión nacional senegalesa promovendo o "consumo de alimentos locais".[1][2] Basse tamén foi membro fundador da sección senegalesa da Comunidade Cultural Africana, unha organización fundada por Wole Soyinka que procura axudar a artistas e intelectuais africanos a adaptarse aos desafíos únicos da era moderna.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Femmes valeureuses du Sénégal: Marie-Thérèse Camille Senghor Basse, la nourricière du peuple" [Valorous women of Senegal: Marie-Thérèse Camille Senghor Basse, nurturer of the people]. Leral (en francés). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Sow, Simone (2019). Quelque chose de beau... Biographie de Marie-Thérèse Basse [Something beautiful... Biography of Marie-Thérèse Basse] (en francés). Presence Africaine. ISBN 9782708709331. 
  3. 3,0 3,1 Amadou Sy, M. Alpha (2017). "Discours de M. Alpha Amadou Sy". Présence Africaine 1: 73–76 – vía Cairn.info.