Abrir o menú principal

Mariano Rodríguez Dios

político galego

Mariano Rodríguez Dios nado en Rianxo e finado o 12 de novembro de 1932, foi un político galego pai de Castelao.

Mariano Rodríguez Dios
Nacementoséculo XIX
 Rianxo
Falecemento12 de novembro de 1932
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e mariño
CónxuxeJoaquina Castelao Genme
FillosAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Daniel, Joaquina Castelao, Mariano Rodríguez, e as nenas, Josefina e Teresa, en Buenos Aires, días antes de retornar a Galicia.

Mariñeiro dedicado a facer velas para barcos. En 1886 emigrou a Arxentina, onde instalou con éxito un almacén de venda (pulpería) en Cruz Colorada (dentro do actual concello de Bernasconi). En 1900 regresou a Rianxo, aínda que volveu a Arxentina máis adiante, para regresar definitivamente en 1903 e, cos ingresos que acumulou, mellorou a situación económica da familia e dedicouse á política, liderando o Partido Conservador local enfrontado ao liberal dirixido por Manuel Viturro Posse. Foi alcalde de Rianxo en 1907 e novamente durante a ditadura de Primo de Rivera.


Predecesor:
José Varela Abades
  
Alcalde de Rianxo
 
1907 - 1909
Sucesor:
Manuel Pérez García
Predecesor:
Eugenio Bermúdez González
  
Alcalde de Rianxo
 
1924 - 1930
Sucesor:
José Ramón Rivela Rial

Vida persoalEditar

Casou con Joaquina Castelao Genme e foi pai de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Josefina e Teresa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo.