Joaquina Castelao Genme
nai de Castelao
Joaquina Castelao Genme nada no século XIX e falecida en Rianxo o 24 de xaneiro de 1945, foi unha muller galega coñecida por ser a nai de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Joaquina Castelao Genme | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Rianxo | |
Falecemento | 24 de xaneiro de 1945 |
Rianxo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | ama de casa |
Cónxuxe | Mariano Rodríguez Dios |
Fillos | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Daniel, Joaquina Castelao Genme, Mariano Rodríguez, e as nenas Josefina e Teresa en Buenos Aires, días antes de retornar a Galicia.
Era filla de Xosé Manuel Castelao, coñecido como Pepe de Castelao, e Teresa Gemme. Casou en 1885 con Mariano Rodríguez Dios, con quen tivo tres fillos: Afonso Daniel (1886-1950) nado en Rianxo, Xosefina (Fina, 1897-1974) e Tareixa (1899-2000) nados en Arxentina.[1]
Aos tres meses do nacemento de Afonso Castelao, o seu home emigrou á Arxentina, onde abriu un negocio. A finais de 1895, emigrou co seu fillo Daniel a Bernasconi, na Pampa arxentina. En 1900 a familia decidiu volver a Galiza para que Castelao estudase medicina en Santiago de Compostela.
NotasEditar
- ↑ "Árbol interactivo de Joaquina Castelao Gemme". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2018.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Durán, José Antonio (1972). El primer Castelao. Biografía y antologías rotas Siglo Ventiuno (en castelán).