Mária Telkes

(Redirección desde «Maria Telkes»)

Mária Telkes, nada en Budapest o 12 de decembro de 1900 e finada o 2 de decembro de 1995, foi unha física e química húngara, pioneira e inventora que traballou en tecnoloxías de enerxía solar.[1] Trasladouse aos Estados Unidos de América logo de obter o seu doutoramento en fisicoquímica.

Infotaula de personaMária Telkes

(1956) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Telkes Mária Terézia Zsófia Editar o valor em Wikidata
12 de decembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Granada, Caribe Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd (–1920) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTermoeletricidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , biofísica , inventora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Interesado enEnerxía renovable Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
ParentesSimon Telkes (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Telkes-7

Carreira editar

Telkes traballou como biofísica nos Estados Unidos, e de 1939 a 1953, investigou sobre a enerxía solar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts.

Telkes é coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947, e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts deseñada por Eleanor Raymond,[2][3][4] e o primeiro refrixerador termoeléctrico en 1953.

Foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, incluíndo unha unidade portátil de desalinización para uso en botes salvavidas, que utilizan enerxía solar e condensación para obter auga potable por destilación solar.[1]

Telkes é considerada unha das fundadoras dos sistemas de almacenamento de enerxía solar, por ese motivo foi chamada a "raíña solar".[1] Mudouse a Texas nos 70 e asesorou moitas compañías pioneiras no campo da enerxía solar.

Premios editar

  • 1952 Premio Society of Women Engineers.
  • 1977 American Solar Energy Society - Premio Charles Greeley Abbot
  • 2012 National Inventors Hall of Fame

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Maria Telkes". National Inventors Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2016. 
  2. Denzer, Anthony (2013). The Solar House: Pioneering Sustainable Design. Rizzoli. Arquivado dende o orixinal o 26/07/2013. Consultado o 09/02/2020. 
  3. Rooney, Anne. Solar Power. Gareth Stevens, Inc. (2008)
  4. Eyras, Ismael (3/4/2015). "Eleanor Raymond 1887-1989". Un día | una arquitecta. Consultado o 10/12/2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar