Mari Paz Vilas

futbolista española

María de la Paz Vilas Dono, máis coñecida coma Mari Paz Vilas, nada o 1 de febreiro de 1988 en Vilagarcía de Arousa é unha futbolista galega que xoga na demarcación de dianteira. O seu actual equipo é o Valencia CF.

Mari Paz Vilas
Información persoal
Nome María de la Paz Vilas Dono
Nacemento 1 de febreiro de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Vilagarcía de Arousa
Altura 1,60 m.
Posición Dianteira
Información de club
Club actual Valencia CF
Carreira xuvenil
Arosa
2002–2006 Atlético Arousana
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Levante UD
2008–2011 FC Barcelona
2011-2013 RCD Espanyol
2013- Valencia CF
Selección nacional
2006-2007 España sub-19 9 (9)
2008- España 13 (12)
2007- Galicia 2 (3)
Na rede
Twitter: maripaz_vilas UEFA: 107834 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar en categorías inferiores no Arosa, pasando en 2002 ao Atlético Arousana. A súa calidade fixo que se interesaran nela equipos coma o Atlético de Madrid ou o Levante UD, fichando por este último no ano 2006.

No equipo levantinista debutou na Superliga e gañou a Copa da Raíña (anotando un dobrete na final) o primeiro ano, na segunda e última tempada no club o equipo gañou o torneo ligueiro. Ese verán fichou polo FC Barcelona, equipo co que gañou outra vez a Copa da Raíña e a Copa de Cataluña en tres ocasión.

En 2011 fichou polo RCD Espanyol, equipo no que repetiu experiencia na Copa da Raíña levantandose co título, anotando na final e sendo nomeada mellor xogadora do torneo.

En 2013 cambiou de equipo, fichando polo Valencia CF.

Palmarés editar

Título Club Localización Ano
Copa da Raíña Levante UD   España 2007
Liga Española 2008
Copa da Raíña FC Barcelona 2011
RCD Espanyol 2012
Copa Cataluña F. C. Barcelona   Cataluña 2009
2010
2011
R. C. D. Espanyol 2013

Recoñecementos editar

Dende xullo de 2016 o campo municipal de Bamio, en Vilagarcía, leva o seu nome[1].

En decembro de 2016 recibiu o galardón á mellor futbolista do ano e ao mellor gol do ano na Gala do Fútbol Feminino Galego[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar