Margaret Higgins Sanger ou Margaret Louise Higgins, nada en Corning14 de setembro de 1879 e finada o 6 de setembro de 1966, foi unha enfermeira, sexóloga, escritora e activista do control de natalidade norteamericana. Sanger foi a responsábel da popularización do termo "birth control" (control de natalidade, en galego) nos Estados Unidos. Abriu o primeiro centro de planificación da natalidade no país, así como outros estabelecementos ligados á organización Planned Parenthood Federation of America.

Infotaula de personaMargaret Sanger

Retrato de Margaret Sanger no ano 1922.
Biografía
Nacemento(en) Margaret Louise Higgins Editar o valor em Wikidata
14 de setembro de 1879
Corning, en Nova York
Morte6 de setembro de 1966 (86 anos)
Tucson, en Arizona
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
EducaciónClaverack College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porActivismo no control da natalidade
Actividade
Campo de traballoReformismo e contracepción Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnfermeira, sexóloga, activista
Participou en
1952Third International Conference on Planned Parenthood (en) Traducir
1951Second International Conference on Planned Parenthood (en) Traducir
1950First International Conference on Planned Parenthood (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeWilliam Sanger (1902-1913)
James Noah H. Slee (1921-1966)
ParellaH.G. Wells Editar o valor em Wikidata
IrmánsEthel Byrne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0762676 WikiTree: Higgins-2946 Find a Grave: 6544735 Editar o valor em Wikidata

En 1914, Sanger foi procesada polos Estados Unidos, so as leis do Acto Federal Comstock, de 1873. Estas leis prohibían a circulación, venda e produción de toda literatura de contido sexual, erótico ou informacións e activismo sobre o control da natalidade, tanto sobre contraceptivos como sobre o aborto. Temerosa do que podería acontecer, Sanger refuxiouse nos países británicos até que fose seguro retornar aos Estados Unidos.[1]

Pola súa conexión coa organización Planned Parenthood, Sanger foi, e aínda é, albo frecuente das posturas críticas co aborto. Porén, o Planned Parenthood Federation of America comezou a realizar abortos en 1970, catro anos despois da súa morte. A organización sen fins lucrativos, fundada en 1916[2], funciona até hoxe, e ofrece servizos como educación sexual e control de natalidade, non só nos Estados Unidos, mais de maneira global.[3]

En 1916, Sanger fundou a primeira clínica de control de natalidade nos Estados Unidos. Tamén nese ano foi prendida tras entregar un panfleto con informacións sobre contraceptivos para un policía de paisano. Sanger usou a oportunidade para se manifestar contraria aos actos de censura impostos polo Acto Comstock, e a súa detención causou rebumbio no país. Ao prenderen a Sanger, a policía clausurou a clínica, e levou diversos rexistros médicos confidenciais.

Entre as súas intencións coa clínica, estaba o desexo de previr as mulleres contra clínicas de aborto ilegais, con procedementos médicos perigosos e dubidosos. Estas clínicas eran comúns na época por estar prohibido o aborto nos Estados Unidos. Malia avogar pola causa dos dereitos das mulleres e crer que o aborto puidese estar xustificado, Sanger era contraria a este. Consideraba que o procedemento debería ser evitado, e no seu lugar a prevención e contraceptivos debían ter preeminencia. Na súa concepción, a única cura para o aborto era a prevención.

Foi presidenta da Planned Parenthood, de 1952 a 1959, que tiña sede na India, e faleceu en 1966. Foi considerada por moitas persoas como a fundadora do moderno movemento pro-aborto.

Traballo coa comunidade afroamericana no Harlem editar

As críticas ao traballo de Sanger, en moitas ocasións, acusan o seu traballo de racismo. Isto débese porque en 1929 Sanger abriu unha clínica de control de natalidade no Harlem, de costas á comunidade afroamericana, aliada ás súas ideas euxenistas. A clínica, no entanto, foi aberta tras James H. Hubert, secretario do Urban League de Nova York, ver a necesidade dunha clínica na rexión, polo que lle solicitou a Sanger abrila. Hubert, na época, traballaba tentando levar dereitos básicos de saúde, vivenda e emprego á comunidade negra e latina do Harlem. A clínica foi aberta en 1930, con persoal médico e funcionario negro. Contou co auxilio do fondo de investimentos Rosenwald Fund, que investía en emprendementos de incentivo á educación e á saúde para a poboación negra norteamericana.

A clínica era xestionada por un consello formado por persoal médico e de enfermaría, así como asistentes sociais e xornalistas de raza negra. Foi divulgada en igrexas con fieis maioritariamente de raza negra, e recibiu a aprobación de responsábeis por xornais de activismo negro, como de Web Du Bois. O traballo de Sanger con comunidades necesitadas tamén foi louvado por Martin Luther King, Jr., no seu discurso de aceptación do premio Margaret Sanger Award, en 1966.

Críticas, euxenismo e elitismo editar

Frecuentemente, Sanger foi albo de críticas polas súas visións euxenistas e elitistas. Mesmo así, sempre se mantivo como unha figura respectada entre as e os activistas de control de natalidade. As súas visións euxenistas non tiñan relación con raza, relixión ou orixe, mais con condicións sociais. Sanger cría que unha familia sen condicións económicas para a crianza non debería ser permitida de se reproducir. Ao seu ver, unha familia cunha correcta condición de vida salarial sería capaz de coidar mellor dun ou dous nenos ca de sete ou oito, e que se non se reproducisen, iso xeraría unha "raza mellor".

Obras editar

Libros e panfletos

Xornais

  • The Woman Rebel – Sete edicións publicadas mensualmente en 1914. Sanger publicaba e editaba.
  • Birth Control Review – Publicado mensualmente de 1917 até 1940. Sanger foi editora até 1929, cando dimitiu do cargo.

Coleccións e antoloxías

Discursos

Notas editar

  1. Douglas, Emily (1970). Margaret Sanger: Pioneer of the Future. Canadá: Holt, Rinehart, and Winston. p. 57. 
  2. "Who We Are - Planned Parenthood". Planned Parenthood. Consultado o 04/02/2017. 
  3. "In face of Zika virus, women ponder abortion, childlessness". CBN News. 28/01/2016. Consultado o 04/02/2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar