Marcus Walz
Marcus Cooper Walz, nado en Oxford o 3 de outubro de 1994, é un piragüista español que compite internacionalmente dende 2010. Foi unha vez campión do mundo, dúas veces campión de Europa e gañou dúas medallas olímpicas: un ouro en K-1 1000 metros en Río 2016 e unha prata en K-4 500 metros en Toquio 2020.[1]
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1994 (29 anos) Oxford, Reino Unido |
Datos persoais | |
Residencia | Mallorca |
País de nacionalidade | España |
Altura | 1,84 m |
Peso | 82 kg |
Actividade | |
Ocupación | caiaquista |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
16 de agosto de 2016 | Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - K-1 1000 m masculino (pt) (1º) |
2016 | Xogos Olímpicos de 2016–piragüismo (medalla de ouro olímpica) |
Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - K-4 500 m masculino (pt) (2º) | |
Traxectoria
editarNacido en Oxford dun pai británico e dunha nai alemá, a familia estableceuse en Mallorca cando Walz tiña 3 meses.[1] Gañou a súa primeira medalla internacional no Campionato Mundial de 2014 en Moscova, ao rematar terceiro en K1 500 metros. Dous anos despois logrou a prata mundial na mesma categoría, no mesmo ano en que se proclamou campión olímpico en Río 2016, esta vez nos 1.000 metros.
A partir do seguinte ano pasou a competir en K2 e K4. Proclamouse en 2017 campión de Europa en K4 1000m (xunto a Francisco Cubelos, Javier Cabañín e Iñigo Peña), campión do mundo en K2 500 (xunto ao galego Rodrigo Germade) e subcampión do mundo en K4 500 (xunto a Rodrigo Germade, Cristian Toro e Carlos Garrote). Xunto a Germade, Toro e esta vez con Saúl Craviotto, proclamouse campión de Europa en 2018 en Belgrado no K4 500, mentres que obtivo a medalla de prata no mesmo campionato en K2 500 formando parella con Germade. Tamén en 2018 gañou a prata mundial en K4 500, no campionato celebrado en Montemor-o-Velho. Repetiu resultado no Mundial de 2019 en Szeged, no equipo formado por el, Craviotto, Germade e Carlos Arévalo.
En marzo de 2021 logrou clasificarse para a proba de K4 500 m dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[2] Na capital xaponesa, clasificáronse para as semifinais como primeiros da súa serie e metéronse na final ao acabar as semifinais tamén na primeira posición.[3] Xa na regata final, colocáronse na primeira posición dende a saída, pero foron adiantados nos metros finais pola piragua alemá, obtendo deste xeito a medalla de prata.[4] Un mes e medio despois proclamouse xunto a Germade, campión do mundo de K2 500, no certame celebrado en Copenhague, superando por menos dun segundo á embarcación alemá de Martin Hiller e Tobias-Pascal Schultz.[5]
Palmarés internacional
editarXogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2016 | Río de Xaneiro | Ouro | K1 1000 m |
2021 | Toquio | Prata | K4 500 m |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2014 | Moscova | Bronce | K1 500 m |
2015 | Milán | Prata | K2 500 m |
2017 | Račice | Ouro | K2 500 m |
2017 | Račice | Prata | K4 500 m |
2018 | Montemor-o-Velho | Prata | K4 500 m |
2019 | Szeged | Prata | K4 500 m |
2021 | Copenhague | Ouro | K2 500 m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2017 | Plovdiv | Ouro | K4 1000 m |
2018 | Belgrado | Ouro | K4 500 m |
2018 | Belgrado | Prata | K2 500 m |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "De Oxford a Mallorca: Marcus Cooper Walz se hace con el oro en la modalidad K1 de 1000 metros". Consultado o 4 de outubro de 2020.
- ↑ Varela, María (23 de marzo de 2021). "Arévalo se confirma también en el K4". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ Alonso, Paulo (7 de agosto de 2021). "Galicia luce como potencia mundial con la plata del K4 500 en Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "El K4 500 liderado por Craviotto es de... ¡Plata!" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "Walz y Germade suman otro oro al festival español en Copenhague". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021.