Marcu Biancarelli

escritor francés

Marcu Biancarelli, nado en Portivechju en 1968, é un escritor en lingua corsa que traballa como profesor de lingua corsa nun instituto.

Infotaula de personaMarcu Biancarelli
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Blida, Alxeria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , dramaturgo , diretor de publicação (pt) Traducir , editor , poeta , tradutor , columnista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e corso Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un dos fundadores e director da revista A Pian' d'Avretu, onde se deron a coñecer novos valores da literatura corsa. En 1999 publicou a súa primeira colección de poesía, Viaghju in Vivaldia. Autor tamén de narrativa, teatro e letras de cancións. Moitas das súas publicacións traducíronse ao francés. Receptor por dúas veces, 2001 e mais 2002, do Premiu Finzione di Ouessant di a Litteratura Isulana. En 2007 apareceu a súa terceira selección de relatos, Stremu Miridianu, que se fixo co premio "Scelta di i littori di Corsica". Dende 2014 decidiu escribir preferentemente en francés para publicar de xeito profesional, malia non renunciar a escribir de novo en corso [1]. Como letrista escribiu os textos das cancións "Corsican beauty" (I Cantelli 2005) e "Ultimu viaghju di Stepan Trofimovich" (Paulu Miniconi 2007).

Obra editar

  • Viaghju in Vivaldia - Poesía, Le Signet, 1999
  • Prighjuneri - Relatos, Albiana, 2000 (ed. bilingüe, traducido ao francés por Ghjilormu Ferrari)
  • San Ghjuvanni in Patmos - Nuvelli, Albiana, 2001 (ed. bilingüe, traducido ao francés por Ghjilormu Ferrari, Didier Rey mais o autor)
  • Parichji dimonia - Poesía, Albiana, 2002
  • 51 Pegasi astru virtuali - Novela, Albiana, 2003 
  • Stremu miridianu - Relatos, Albiana, 2007 
  • Murtoriu - Novela, Albiana, 2009
  • Vae Victis - Ensaio, Materia Scritta, 2010
  • Cusmugrafia - Crónica literaria, Colonna Edizione, 2011
  • Cuntruversa di Valdu Nieddu - Teatro, Materia Scritta, 2012
  • Orphelins de Dieu, Arles, Actes Sud, 2014
  • Massacre des Innocents, Arles, Actes Sud, 2018

Notas editar